O pub O Atabal acolleu a entrega de premios aos gañadores da II Ruta dos Viños. Foi a semana pasada cando tivo lugar a través de Radio Foz, o sorteo dos premios que puxo en xogo a Acia dentro da segunda Ruta dos Viños que tivo lugar hai unhas semanas. O primeiro premio consistente en 300 euros en vales para gastar na hostalería local foi para Mercedes Bouza Rego, que ademais recibirá o diploma de Ruteira maior. O segundo premio dotado con 150 euros foi para Emilio Acebo Losada. E o terceiro premio composto de 4 vales por importe de 100 euros cada un foron para Mónica Fiallega Gómez, Hilario Manuel Fiallega Campos, Nieves Díaz Iglesias e Rosi Calvo Gutiérrez. Estes premios sorteáronse entre os clientes que selaron a tarxeta nos 29 locais participantes na II Ruta dos Viños. O presidente e a vicepresidenta de ACIA Foz foron os encargados de efectuar a entrega dos agasallos onte á tarde ao pub O Atabal.






















Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



