Este pasado sábado, día 11 de maio, como acto previo á celebración das Letras Galegas o vindeiro venres, celebrouse na Casa da Cultura de Alfoz unha mesa redonda na que se debateu sobre a situación actual do idioma galego e o seu emprego nos diferentes ámbitos sociais. Falouse do emprego do galego na Administración, na relixión, nas diversas facetas artísticas (literatura, cine…) e nos medios de comunicación (especialmente na prensa escrita). O acto foi organizado polo SEVA (Seminario de Estudos do Valadouro), sendo moderado por Pepe Peinó, e nel participaron Ramón Reimunde (Catedrátido en Lingua Galega), Manuel Lourenzo (escritor, actor e director teatral), Lionel Rexes (escritor, Director da revista “Prado das Chantas” e colaborador da Radio Valadouro) e Matías Nicieza (Director de Cine e colaborador da Radio Valadouro). Dende a organización apuntan que, “por desgraza, a asistencia de público ó acto foi máis ben escasa”.






















Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



