Este xoves presentouse na Casa da Cultura a nova Asociación Cultural e Recreativa “O CAIADO” de Foz.
A esta reunión estaban invitados tódolos grupos e individuais de Foz relacionados co mundo da música.
A directiva desta nova asociación quedou formada por: Xesús Basanta (Xesús do Breogán) como presidente; María Jesús Álvarez (Bibliotecaria) como secretaria; Normando Leivas (Traballador de Alcoa) como tesoureiro; David Méndez (traballador de Alcoa) e Antón Niñe (Profesor do IES Perdouro de Burela), como vocais.
Contamos tamén con todo o apoio total por parte da Directora da Residencia Virxen do Carme, Natalia Zabaleta.
A finalidade desta asociación é a de facer unha actividade musical e recreativa ao mes na Residencia de Anciáns Virxe do Carme de Foz, distribuídos os grupos un por mes, e deixando libres os meses de xullo e agosto, tempo no que estes grupos dispoñen dunha maior actividade cultural. As asociacións culturais e artistas do concello lles parece unha boa idea e contamos co beneplácito de todos eles, como Mano Panforreteiro, Paco Rivas, Tono director do Martínez Otero, os grupos folklóricos, coros e demais grupos.
Estes actos están previstos comezar no vindeiro mes de setembro e tamén se coida que a estas actuacións de carácter informal poidan vir tódolos veciños de Foz e tamén de fóra de Foz, día de portas abertas e de achegamento aos anciáns residentes. Xornadas do Tute, xornadas do parchis, visitas escolares …. E máis actividades que vexamos interesantes para mellorar a calidade de vida e a relación e coñecemento entre todos, tanto veciños como residentes.
Púxoselle o nome de “O CAIADO” porque consideran esta asociación como un “caiado” ou punto de apoio para os residentes e as coidadoras do Asilo.