Os nacionalistas demandámoslle a Balseiro que busque fóra do BNG o consolo ás súas meteduras de zoco
Dende o BNG de Alfoz – Valadouro consideran que “alguén co nivel intelectual de Balseiro empregue o termo “tonto” resulta cando menos irónico”. Recoñecemos que nos puxo moi doada a resposta á súa rabecha mediática. Propio del, amante das prácticas de risco aínda que acabe poñendo en perigo aos mesmos que pretende salvar, como lle aconteceu co saínte alcalde do Valadouro, a quen quixo axudarlle tanto que o chimpou da alcaldía coas súas estratexias de patacón.
O BNG Alfoz-Valadouro fixo o que tiña que facer nun concello paralizado durante 25 anos polos gobernos municipais da dereita. Neste cuarto de século O Valadouro non cesou de perder poboación, de ver como lle marchaban históricas e prósperas empresas, de observar con impotencia como se obstaculizaba aos emprendedores, como se dificultaba a apertura de novos comercios, como se facía deixación absoluta da protección sobre masas e viais forestais… Precisará máis argumentos Balseiro para entender por que vamos apoiar un goberno alternativo á desfeita que supuxo o PP no Valadouro?
Os órganos de dirección do BNG apoiaron dende o primeiro intre a participación e a potestade do concelleiro Eduardo Chao nunhas negociacións nas que defendeu ferreamente os intereses da veciñanza, e nas que por certo, desenvolveu un exitoso papel, conquerindo que o resto dos grupos se sensibilizasen coas causas e obxectivos que o BNG local plantexou como condicións. De calquera xeito, a Asemblea do BNG Alfoz-Valadouro posúe plena autonomía para decidir a súa posición nas cuestións municipais, cousa que de seguro non entenderá Balseiro, personaxe afeito á caudillaxe endémica do seu partido, aínda así, reiteramos o noso apoio ao caudilliño provincial do PP, porque faino tan mal que os valores democráticos saen gañando, boa proba é o seu Valadouro natal.
Sinceramente apoiamos a Balseiro como secretario provincial dos conservadores, xa que coas súas torpes manobras acabou converténdose nun valedor da democracia e as forzas progresistas, e avogamos por que siga a practicar esta táctica, aínda que supoñemos que os alcaldes do PP comezarán a fuxir da súa asesoría se queren conservar o cargo, sobre todo despois da carnizaría política que perpetrou con Lamela.


















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



