O BNG de Burela lamenta a escasa determinación de González Barcia á hora de demandar unha Política Pesqueira Común (PPC) acorde cos intereses do sector pesqueiro. Resulta sorprendente a facilidade do Sr. Barcia para botar balóns fóra cando afirma que a culpa é dos grupos ecoloxistas, evitando mencionar os actores políticos que están a decidir a nova PPC, entre os que se atopa o goberno do Estado. Na XV edición da Feira Náutico-Pesqueira Expomar, celebrada a pasada fin de semana en Burela, quedou patente a preocupación existente no sector con respecto á política pesqueira da UE. Mentres tanto, o Sr. González Barcia, obstínase en procurar culpábeis na casa do veciño no canto de ofrecer solucións reais e concretas ao respecto.
Para o BNG está claro que os responsábeis directos da nova PPC son o goberno do Estado e o goberno da Xunta, a quen parece non preocuparlles en absoluto o futuro dos sectores estratéxicos galegos. O que si debería explicar o Sr. Barcia é a satisfacción amosada polo ministro Arias Cañete tras o acordo acadado na Comisión de Pesca da UE para prohibir de maneira escalonada “os descartes pesqueiros” na reforma da PPC 2014-2020.
En palabras da europarlamentaria do BNG, Ana Miranda, “imponse un calendario de descartes inasumíbel para o sector galego que debe entrar en vigor en menos dun ano para pesqueiras tan importantes como a sardiña, o xurelo, o lirio, ou a xarda. Nos tres primeiros anos de aplicación da PPC os descartes teñen que ser cero ou descontaranse da cota de pesca, sen que se concrete ningunha medida efectiva de compensación para a flota”.
Por outra banda, a nova PPC 2014-2020 fixa un sistema de cotas entre Estados anterior ao ingreso de Galiza na UE en función do principio de estabilidade relativa, sen ter en conta a dimensión real da flota pesqueira, que no caso de Galiza é a máis importante de Europa.
Para o BNG de Burela, a nova PPC terá unhas consecuencias económicas e de emprego nefastas para a nosa flota, pois a normativa marco é maximalista en termos medioambientais e minimalista en termos sociais. Non se entende que a flota de Burela teña prohibida a pesca de xarda cando esta é unha das especies máis abundantes nas nosas costas. Estamos ante unha situación paradoxal que, con toda seguridade, se repetirá con outras especies como o xurelo ou a pescada nos vindeiros meses. O caso da pesca é o mellor exemplo da incompatibilidade entre a política comunitaria e a capacidade produtiva de Galiza. A flota de altura, arrastre e baixura sofre constantes ataques de Europa avalados polo Partido Popular, polos gobernos galego e do Estado que actúan como cómplices do desmantelamento do sector pesqueiro, piar da nosa economía”.
Neste sentido, o BNG de Burela apresentará unha moción de urxencia no próximo pleno municipal para instar ao goberno da Xunta e do Estado a que tomen medidas urxentes no marco na PPC que eviten o desmantelamento do sector pesqueiro, e que terán graves consecuencias para o sector e para Burela.




















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



