Bernardo Fraga, Portavoz do BNG en Viveiro, indicou esta mañá, “resulta paradóxico e lamentable, que o PP vote en Compostela a favor da proposta do BNG de evitar a quita, e os deputados e deputadas galegas do PP en Madrid, entre os que se atopa o concelleiro de Viveiro, Jaime De Olano, fagan exactamente o contrario no mesmo día”.
Viveiro, 3 de maio de 2013. O BNG de Viveiro, presentará o vindeiro luns no rexistro do Concello de Viveiro unha moción, na que se solicita ao pleno o acordo de reprobar públicamente aos 15 deputados e deputadas do PP no Congreso dos deputados polas graves consecuencias que o seu apoio a aprobación da norma que legaliza a quita ás persoas titulares de participacións preferentes e débeda subordinada lle causan a milleiros de aforradores en Galiza, centos deles en Viveiro.
Bernardo Fraga, Portavoz Municipal declarou esta mañá “As medidas de roubo á miles de persoas, a través das quitas, amparadas polos acordos dos deputados e deputadas do PP no Congreso, son unha burla á cidadanía e aos miles de afectados, e legalizan un roubo escandaloso”
“Preguntámonos que farían as deputadas e deputados galegos do PP no Congreso, se estiveran no Parlamento Galego, que faría o Sr. De Olano, se en lugar de ser deputado en Madrid o fose en Compostela? Engadiu o Portavoz do BNG”
Para o BNG de Viveiro, o cinismo do PP neste asunto non ten límites, o desprezo que nun só día lle fixeron a miles de afectados, merece unha reprobación pública contundente por parte da Corporación Municipal e de todas as veciñas e veciños de Viveiro.
O Sr. De Olano, e mais os seus compañeiros do PP puxéronse novamente do lado da banca que mentiu e estafou a milleiros de persoas. O PP serve aos grandes capitais e a banca, en lugar de atender ás persoas estafadas e buscar a solución para o seu problema, que non é outra que a devolución de todos os seus aforros.



















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



