O Bloque Nacionalista Galego celebrou esta tarde en Viveiro o acto central da campaña “Non é unha crise, é un roubo!” que contou coa presenza do Portavoz Nacional do BNG, Xavier Vence.
O acto estivo centrado en denunciar a estafa das preferentes e a responsabilidade política do Partido Popular que, desde os gobernos, apoia á banca mentres dá a espalda ás aforradoras e aforradores galegos. Nel tomaron a palabra a Responsábel Comarcal do BNG na Mariña, Ana Ermida; o Portavoz Municipal nacionalista en Viveiro, Bernardo Fraga e un portavoz de afectados por este produto, Xulio Vicente.
Nas diferentes intervencións, os nacionalistas amosaron, unha vez máis, o seu absoluto e rotundo apoio ás persoas que foron vítimas desta estafa por parte da banca e que agora están vendo como o goberno, no canto de defendelos, aproba unha quita que consuma o roubo dos aforros a miles de galegas e galegos.
Neste sentido, os nacionalistas pedíronlle “decencia política” ás deputadas e deputados galegos que foron a Madrid a apoiar o decreto que aproba a quita e denunciaron a súa hipocresía, afirmando que “estas persoas non poden dicir que están representando e defendendo ao pobo, senón que o que están facendo é atacar á maioría social, poñéndose do lado da grande banca e levando ás persoas cara a miseria absoluta.”
“Neste roubo, coma en todos, hai culpables e teñen nomes e apelidos. E quen cala e apoia o roubo é culpable igual que quen o executa.”, afirmaron desde o BNG. “Primeiro houbo unha estafa por parte da banca, enganando á xente con produtos financeiros que non eran apropiados para as persoas aforradoras, e agora é o Partido Popular desde o goberno quen permite que esa estafa se consume e se transforme nun roubo que deixará a milleiros de persoas sen o seu diñeiro. “E quen ten a responsabilidade dista situación, afirmaron con rotundidade os nacionalistas, son as Deputadas e Deputados que, coma o viveirense Jaime de Olano, preferiron antepoñer os intereses de Partido e do grande capital aos das súas veciños e veciños.”
Os representantes nacionalistas trasladaron a todas as persoas a súa disposición para seguir traballando ao seu carón e animáronas a non desistir na súa loita e a mobilizarse para recuperar o que é delas, os aforros que lles están sendo roubados por un goberno que non lle importa deixar á cidadanía na miseria (con continuos recortes en sanidade, educación, servizos sociais, suba de impostos, etc.) mentres segue engordando á banca.




















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



