Lugo, 14 de maio de 2013. O nacionalista Antonio Veiga, vicepresidente da Deputación de Lugo, recibiu esta tarde na Deputación de Lugo ás xogadoras, equipo técnico e directivos do Burela FS Feminino, que veñen de proclamarse campións da liga de Primeira División Feminina. Antonio Veiga deulle persoalmente os parabéns ás xogadoras e afirmou que “o Burela FS Feminino vén de facer historia ao ser o primeiro equipo lucense de deporte colectivo que gaña o título nunha competición a nivel estatal. O mérito do acadado por estas rapazas é inmenso, mais tiña que ser así, que a maior alegría para Lugo dun deporte de equipo viñese da man dun conxunto feminino”.
Na recepción oficial, na que tamén participaron os portavoces dos partidos políticos representados na Deputación, Antonio Veiga dirixiu unhas palabras de agradecemento “a estas rapazas e mulleres “mariñeiras” do Burela FSF que moven o balón con tanta destreza como moitas mulleres burelás e mariñás moveron con sacrificio os bonitos no porto ou nas conserveiras, construíndo día a día a Burela que hoxe coñecemos”.
Para a Deputación, e para as áreas de Deporte e Igualdade, este triunfo do Burela FSF supón un acontecemento moi especial: dunha banda vemos recoñecida a máxima potencialidade dun deporte que apoiamos desde a nosa postura de apoio máximo aos equipos de base e femininos, que cun equipo modesto de medios e dun pequeno concello de pouco máis de 9.000 habitantes, consegue situarse no mais alto do deporte estatal; e doutra banda supón un recoñecemento a todo o traballo feito por poñer o deporte feminino á altura que se merece. E por suposto, parabéns á afección laranxa que tamén contribuíu dun xeito determinante para que o fútbol sala feminino en Galiza teña un nome: Burela FSF.























O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
