Burela, 17 de maio de 2013. O Concello ofreceulle unha recepción nas últimas horas ao Burela FSF Pescados Rubén, tras proclamarse campión da división de honra da liga de fútbol sala feminino. O alcalde, José Mª González Barcia, recibiu ao equipo á entrada da Casa do Concello e a continuación desenvolveuse o acto no salón de plenos. Alí o rexedor fíxolles entrega dunha placa conmemorativa e dunha réplica da figura institucional do Concello “en nome de todo o pobo de Burela”.
Barcia recoñeceu e felicitou ao Burela FSF Pescados Rubén “por facer historia no deporte na provincia de Lugo e en Galicia”, fixo fincapé “no esforzo individual e no traballo en equipo das xogadoras” e subliñou que “esforzo e traballo tamén caracterizan e caracterizaron sempre a Burela, de aí que estean tan unidos e tan identificados o noso pobo e o equipo de fúbtol sala feminino”. Foron moitos os afeccionados que non quixeron perderse esta cita e que encheron o salón de plenos do Concello para ovacionar ao seu equipo, ás súas xogadoras, ao adestrador, ao corpo técnico e á directiva. Á recepción asistiu unha grande representación da Corporación Municipal burelesa.
A vindeiro acto de recoñecemento terá lugar o martes, 21 de maio, na Xunta de Galicia.
O Burela FSF Pescados Rubén disputará a partires do 24 de maio a Copa de España en Bilbao, unha cita na que poderían acadar outro novo éxito para esta tempada.






















Dende as 10 da mañá máis de 170 vehículos ocuparán o aparcamento de Coto ata as 13:30, cando partirán en caravana cara Arealonga. Alí permanecerán ata as 17:00, momento no que iniciarán a ruta pola estrada das praias, regresando ás 18:30 para a entrega de premios e a clausura, prevista para as 20:30. A cita reunirá máis de 300 participantes, con presenza de persoas chegadas de Pamplona, Bilbao e doutros puntos do Estado. O evento, organizado por retroclasicos_barreiros e co apoio do Concello, continúa a atraer amantes dos vehículos clásicos e a dar visibilidade á beleza de Barreiros.
A entidade, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación, organizará nas próximas semanas a XIII exposición Tal como eramos (28 de agosto), a proxección do filme Antes de nós (3 de setembro) e a homenaxe polo XXII cabodano de Manuel María (6 de setembro). A área de Cultura provincial reforza así o seu apoio continuado ao Iescha, referente na conservación e difusión da cultura galega e chairega.
No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.



