A ruta prevista para hoxe farase o 25 de xullo.
Lourenzá, 17 de maio de 2013. Como consecuencia do mal tempo a actividade dedicada a Francisco Fernández del Riego organizada polo Concello de Lourenzá para conmemorar o Día das Letras Galegas celebrouse no salón de actos da Casa do Concello, que estivo ateigado de público. Na actividade participaron a delegada territorial da Xunta na provincia de Lugo, Raquel Arias; a alcaldesa, Emma Álvarez Chao; outros membros da corporación municipal de Lourenzá, a técnico de Cultura do Concello, representantes de todas as parroquias e de diversos colectivos.
A rexedora municipal anunciou que a ruta prevista para hoxe aprazouse para o día 25 de xullo, data na que tamén haberá outras actividades dentro da programación deste ano dedicado a Fernández del Riego en Lourenzá.
No seu discurso de hoxe Emma Álvarez empezou comentando que “Don Paco, segundo din os que tiveron a honra de coñecelo, era un home de gran corazón, de mente luminosa e vontade de ferro ao servizo da patria galega. Hoxe, Don Paco, dende algún lugar do universo estou segura que se sente orgulloso e correspondido polo amor que tiña pola nosa terra, pola súa vila natal sendo, sen lugar a dúbidas, o mellor embaixador que un pobo pode ter. O cariño e o amor pola súa terra de orixe foron os fieis compañeiros na viaxe da súa vida, e mostra disto son os artigos de prensa dedicados a Lourenzá, ducias de colaboracións bibliográficas, pregóns nas nosas festas, a doazón de libros a nosa biblioteca municipal,… A sempre presenza da súa Lourenzá natal plasmouse nas frecuentes alusións a nosa vila en distintas entrevistas xornalísticas, radiofónicas e televisivas e, nun lugar destacado, có agasallo de incalculable valor que nos deixou coa publicación no ano 2004 do libro Lourenzá, que ademais de retratar con cariño e beleza o noso concello foi unha mostra de agradecemento para coa vila que o veu nacer”.
A alcaldesa tamén explicou que “na súa obra apreciase a pegada das súas orixes, foi aquí onde mamou as súas primeiras letras; aquí, entre os seus veciños, aprendeu as súas costumes e tradicións, estableceu os seus primeiros lazos de amizade e, quen sabe, ata si cadra algún amorío naquelas festas e romarías ás que asistía na súa adolescencia. E o que de seguro nunca esqueceu Don Paco foi o feito que marcou a súa vida dende neno, feito acontecido na Pena Corveira, onde seu pai recibiu dous disparos que, sen acabar coa súa vida e sen iren dirixidos a el, deixárono gravemente ferido. A influenza de seu pai, destacado dirixente agrarista, así como o galeguismo que lle transmitiron as obras de Rosalía, Curros Enríquez e Vicente Risco, e a amizade con Cunqueiro e Carballo Calero influíron nas súas crenzas e na súa formación política que logo de vivir en primeira persoa case todos os feitos sinalados na historia cultural da Galicia do século XX o converteron no patriarca das letras e da cultura galegas”.
“Por ese motivo estamos hoxe aquí, sen deixar de lado a Roberto Vidal Bolaño, a quen se lle adica este ano o Día das Letras Galegas, dentro dos actos conmemorativos do centenario do nacemento de Francisco Fernández del Riego, pareceunos oportuno destacar o día de hoxe, xa que Del Riego, o noso Don Paco, non asimilaba que o 23 de abril coincidindo co pasamento de Cervantes se institucionalizara o día do libro e do idioma castelán e que sen embargo a nosa fermosa lingua galega non fora homenaxeada. Coa pegada que as letras de Rosalía de Castro deixaron nel e coincidindo có centenario da publicación de Cantares Galegos, libro que marca un antes e un despois para a literatura galega, foi o propulsor de que o 17 de maio as nosas letras tiveran unha data sinalada no calendario”, engadiu a rexedora local.
Emma Álvarez tamén manifestou que “a choiva impediu que percorreramos pouco menos de 3 km lembrando os sitios máis emblemáticos da súa vida no noso pobo, a súa casa natal, o Muíño do Frade, a capela da Gracia, o lugar do Pombo, pero esta presentación que preparamos dalgunha maneira fixo que recrearamos esta ruta imaxinaria presumindo do noso Don Paco”.
Despois da alcaldesa interveu no acto Manuel Román Ramos, máis coñecido en Lourenzá como Manolo de Cartas, amigo de Francisco Fernández del Riego, gran coñecedor da súa vida e coautor de dous libros sobre a súa figura.
A continuación Emma Álvarez agradeceu a asistencia e a colaboración “de Fany, de Don Xosé, de Bruno e de Sandra, da Sandra profe, de María, de Rosalía, de Isabel, de Suso, de Elvira, de Hipólito, de Rocío, de Eduardo, de Cesar, e especialmente de Raquel Arias por acompañarnos, como ven sendo habitual nela, nun día especial para Lourenzá. Pero permitídeme que, dun xeito relevante agradeza o traballo de Lupe, de María José, de Pepe e de Miguel que fixeron posible que o esbozo deste acto foran unha realidade. E non podo esquecerme de Manolo, unha persoa que, aínda que non hai moito que nos coñecemos, podo asegurar que é unha desas persoas que non pasan desapercibidas pola vida, pola súa capacidade de traballo, polo seu interese e sobre todo pola súa entrega incondicional. Sen el, este roteiro imaxinario non sería o mesmo, por ese motivo e por que nos sentimos en débeda contigo, queremos facerche entrega dun pequeno detalle como mostra de agradecemento polo teu traballo altruísta e sobre todo por estar sempre aí ao noso carón”.
No acto tamén se mencionou á pintora Julia Minguillón e á poeta Juana de Ibarbourou e rematou coa interpretación do himno galego a cargo dos alumnos da Escola Municipal de Música e Danza Osorio Gutiérrez.






















Dende as 10 da mañá máis de 170 vehículos ocuparán o aparcamento de Coto ata as 13:30, cando partirán en caravana cara Arealonga. Alí permanecerán ata as 17:00, momento no que iniciarán a ruta pola estrada das praias, regresando ás 18:30 para a entrega de premios e a clausura, prevista para as 20:30. A cita reunirá máis de 300 participantes, con presenza de persoas chegadas de Pamplona, Bilbao e doutros puntos do Estado. O evento, organizado por retroclasicos_barreiros e co apoio do Concello, continúa a atraer amantes dos vehículos clásicos e a dar visibilidade á beleza de Barreiros.
A entidade, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación, organizará nas próximas semanas a XIII exposición Tal como eramos (28 de agosto), a proxección do filme Antes de nós (3 de setembro) e a homenaxe polo XXII cabodano de Manuel María (6 de setembro). A área de Cultura provincial reforza así o seu apoio continuado ao Iescha, referente na conservación e difusión da cultura galega e chairega.
No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.



