Lugo, 29 de maio de 2013. O Consello de Administración da Sociedade Anónima Deportiva (SAD) do Club Baloncesto Breogán, acordou, na súa xuntanza desta tarde, apoiar a decisión da Deputación Provincial de Lugo de saír do accionariado do Club e iniciar xa este proceso. Así o anunciou o vicepresidente da institución provincial e delegado de Deportes, Antonio Veiga, quen afirmou que “esta decisión coincide coa postura que sempre defendeu o Bloque Nacionalista Galego (BNG) e que é contraria a que as administracións públicas formen parte do accionariado das sociedades anónimas deportivas”.
“Polo tanto –insistiu Veiga- non é un posicionamento novo a raíz da necesidade do Club Deportivo Lugo de converterse en Sociedade Anónima Deportiva o cal tampouco actuou como motivación para saír do Breogán. Os nacionalista xa defendemos o mesmo hai máis de 10 anos cando a Deputación lucense, dirixida polo Partido Popular, acordou formar parte da SAD do Club Baloncesto Breogán”.
Desde a Deputación asegúrase que se está a traballar para que a saída do accionariado non supoña a disolución da sociedade deportiva. “O noso obxectivo non é disolver a sociedade”,precisou Veiga. “Queremos deixar o accionariado dando os pasos necesarios para evitar, tamén, unha hipotética deslocalización do club; faremos todo canto poidamos para que o Breogán volva aos seus propietarios orixinais: os lucenses e os seus afeccionados e afeccionadas. O equipo xurídico da institución está estudando xa todas as opción posíbeis para escoller a que sexa máis vantaxosa para todos”.
Veiga concluíu que a Deputación, e en concreto a área de Deportes, seguirá apostando polos equipos e xogadores e xogadoras da provincia. “Gobernar significa establecer prioridades e neste intres, con taxas históricas de desemprego e feche de empresas, temos que destinar os recursos públicos a garantir o benestar social e promover a creación de postos de traballo, pero máis alá do contexto actual, non podemos empregar os fondos públicos para financiar empresas privadas”.






















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
