Burela, 28 de maio de 2013. O vindeiro xoves, 30 de maio, haberá pleno ordinario no Concello de Burela a partires das 11 da mañá. Na sesión abordaranse varios asuntos: a concesión da medalla de ouro ao Burela FSF, a conta xeral do presuposto municipal de 2012, dous convenios e tamén a ordenanza sobre a utilización de vías de propiedade municipal.
O alcalde, José Mª González Barcia, explicou que “no pleno someterase a aprobación a conta xeral do presuposto municipal de 2012 que presenta un remanente de tesourería de 1.300.000 euros. Tamén se ratificará un convenio asinado polo Concello de cara a facilitar a prestación de traballos para a comunidade a aqueles menores con idades comprendidas entre os 16 e os 18 anos, que teñan sido condenados por sentencia xudicial. Igualmente se ratificará outro convenio para analizar e detectar situacións de exclusión social en actos de desafiuzamentos. Este xa foi aprobado en xunta de goberno, pero hai que dar conta ao pleno. Ademais afecta a tres administracións: xudicial, autonómica e local”.
Na sesión plenaria “tamén se aprobará unha ordenanza sobre a utilización de vías de propiedade municipal, que foi redactada no seno da Mancomunidade de Municipios da Mariña. A mesma conta co respaldo de todos os grupos políticos, de todos os alcaldes e de todos os concelleiros que estamos presentes aquí. Ten como obxectivo fundamental preservar da mellor forma posible as vías forestais, as vías que son de titularidade municipal en zonas rurais”, indicou o rexedor.
González Barcia engadiu que “fora da orde do día se vai a aprobar con carácter de urxencia, tal e como se acordou na comisión informativa de asuntos de pleno, a concesión da medalla de ouro do Concello ao Burela FSF. Se están a iniciar os preparativos do acto, é bastante prematuro dalos a coñecer porque, por respecto á Corporación Municipal, adoptaremos o acordo o xoves e despois será cando rematemos de concretar o contido do acto a celebrar”.





















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



