Venres, día 31 de maio de 2013.- O PP de Ribadeo mostra as súas condolencias polo falecemento de Marino García Martínez, ribadense, que perdeu a vida a pasada madrugada logo de producirse un incendio no edificio onde habitaba. Asemade, tamén desexa unha pronta recuperación ao seu irmán, José Benito García, que se encontraba na mesma vivenda e resultou ferido.
Os populares tamén queren destacar a gran labor dos equipos de emerxencias, quenes fixeron todo o posible para salvar a vida do finalmente, e desgraciadamente, falecido. As súas labores foron tales que desaloxaron as catro prantas do edificio, sacaron pola fachada a unha persoa maior e auxiliaron no mesmo lugar a José Benito García, que foi evacuado ao Hospital da Costa logo de recibir os primeiros auxilios por mor da intoxicación que padecía por inhalación de fume.
Os populares desexan acompañar na dor á familia e expresan o seu máis sentido pésame.