Os socialistas destacan que “son os propios profesionais os que están a advertille á Xunta de que non vai polo bo camiño”, coa ralentización dos hospitais comarcais pola dependencia de Lugo e a política de non substitución de prazas.
O PSdeG de Lugo lamenta “os primeiros indicios” das “graves consecuencias que xa empezan a xurdir” coa nova xestión integrada única do PP na provincia. Os socialistas advirten de que “este goberno leva a sanidade cara o modelo doutras comunidades autónomas, abrindo a porta á privatización e o aforro sempre por riba da calidade asistencial e as necesidades dos veciños”. O secretario provincial de Sanidade, Miguel Rodríguez Lois, destaca que “xa non é que o diga o PSOE nin outro partido político, senón que son os propios profesionais os que están a advertirlle á Xunta de que non vai polo bo camiño”.
Rodríguez Lois apunta que “ao PP empézaselle a caer o engano con feitos”, e “agora xa non pode seguir co seu discurso e ocultar máis que as áreas de Cervo e Monforte xa non son autónomas”, despois de que se coñeza o novo organigrama oficial da xestión da sanidade na provincia “no que queda ben claro a subordinación destas áreas e a dependencia de Lugo”. Unha vez implantado este sistema, afirma Rodríguez Lois, “agora empezamos a ver como os sanitarios da Costa xa se queixan da ralentización e burocratización en calquera toma de decisión ou movemento, que debe ter o visto e prace de Lugo”. Asimesmo, o “novo modelo de aforro por riba de todo e de beneficio á sanidade privada queda patente coas queixas dos profesionais do HULA, que denuncian a baixa calidade asistencial e a sobrecarga de traballo por non cubrir baixas de persoal”.
O socialista, tamén profesional médico, volve insistir na “absoluta necesidade” de que o PP “pense o que está a facer e dea marcha atrás”, porque do contrario “o que agora son pequenas consecuencias iniciais vai levar a Lugo e a Galicia cara un modelo de desmantelamento da sanidade pública, en especial no rural, con danos que serán irreversibles a curto e medio prazo”.



















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



