Dende o PSdG-PSOE de Burela queremos unha vez máis denunciar a xestión do Sr alcalde, e imos poñer dous exemplos moi significativos da súa inmoralidade e falta de tolerancia. Este señor o que pretende, por enriba de todo, e quitar calquera rasquizo que recorde ó anterior goberno municipal. Levan dous anos de “desgoberno” demolendo todo ó seu paso sen mostrar nada novo. Menosprezando o talento de artistas e a orixinalidade dos anteriores gobernantes.
No ano 2008 dende a Concellería do Mar, fíxose unha exposición fotográfica formada por 45 paneis. Exposición que se inaugurou na Praza do Concello con motivo das festas patronais. Ó rematar a época estival esta exposición, de gran interese didáctico e incalculable valor histórico, recolocouse ó longo da parede do peirao formando parte do noso patrimonio. Así, a xente do pobo e os nosos visitantes podía seguir desfrutando dela, xa que representa a memoria pasada do noso pobo, véndose retratados os seus antepasados mariñeiros. Có paso do tempo, e debido as inclemencias do tempo esta exposición perdeu color e xa non se deixan ver as súas imaxes e debuxos. No pleno do 31 de xaneiro deste ano, fai 4 meses, dende o Grupo Municipal do PSdG-PSOE fíxolle ó Sr. alcalde un rogo, onde lle pedíamos que lle dese a volta ós marcos, xa que pola parte de atrás aparece outro retrato en perfecto estado, ou que recolocara outras 45 fotos (de outra 2º edición feita no 2010), que ten tiradas no soto do Concello sen darlles ningún aprecio. Como dende aquela, como xa comentamos fai 4 longos meses, fixo caso omiso ás nosas peticións, que por outro lado non son máis que a petición dos veciños e veciñas de Burela, agora volvémosllo a pedirllo nos medios de comunicación. A ver se entre viaxe e viaxe ten tempo para facer unha lembranza e homenaxe ás xentes do mar, que ben merecido o teñen.
Outro exemplo podémolo ver estes días na ponte da vía, na rúa de Eijo Garay. O anterior goberno do PSOE, con ánimo de darlle unha novo aspecto ó pobo de Burela, máis moderno e xovial, contactou cun artista do noso pobo. El, deunos a idea dun novo colorido á ponte e unha barandilla distinta e máis orixinal. Un artista con talento e do noso pobo, que deixou a súa colaboración, modernizando unha obra obsoleta. Agora o Sr. alcalde como non lle gusta nada que recorde ó PSOE, non respecta o talento do artista, simplemente opta por pintala de azul e tirar o que é arte á papeleira. Incluso o pequeno xardín ós pes da obra, perdeu vida no seu mandato. Dende o PSOE de Burela quédanos agora unha dúbida, saber se tamén lle vai poñer a ese azul có que se está pintando a ponte, gaivotas brancas pintadas. Así quedaría máis acorde a súa personalidade.



















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



