Lugo, 28 de maio de 2013.- Logo da sesión plenaria provincial celebrada esta mañá, os populares manifestaron que queda totalmente demostrado que para o señor Gómez Besteiro nin os mozos nin os concellos son prioritarios.
Elena Candia lamentou a falta de compromiso do señor Besteiro en materia de emprego xuvenil criticando que o presidente da Deputación “esté continuamente recalcando que o seu compromiso é xerar emprego cando feitos coma o de hoxe demostran o contrario”.
Engade a popular, que a falta de compromiso aínda é maior cando a Deputación de Lugo conta cunha delegación dunha área de mocidade. “En coherencia coas súas verbas e dándolle actividade a unha área baleira de contido, pedímoslle que colabore no fomento do emprego xuvenil, tal e como están a facer outras administracións, e polo tanto, que saque unha liña específica de axudas”.
Criticou Candia que a non aceptación desta moción é unha mostra de que a deputación e os seus responsables non cumpren cos obxectivos e promesas que se propoñen e os seus orzamentos quedan en papel mollado.
PARTIDOS XUDICIAIS
Os populares afirmaron que non se coñece a proposta de texto articulado da lei de demarcación e pranta e que o goberno non presentou nin sequera un anteproxecto de Lei.
Foi o deputado, Francisco Balado, o encargado de defender esta proposta, quen dixo que os populares “facemos unha aposta por unha administración de xustiza eficaz e próxima aos cidadáns e pola defensa dos órganos xudiciais existentes en partidos xudiciais provinciais”.
Manifestou Balado que o obxectivo é configurar un modelo de demarcación e pranta equilibrado, racional, adaptado ás características do territorio galego e que, ante todo, garanta o dereito fundamental a tutela xudicial efectiva.
SERVIZOS HULA
O GPP manifestou a aposta polos servizos sanitarios e o compromiso do Goberno Autonómico coa provincia neste eido, afirmando que para os populares o importante son os servizos para os cidadáns lucenses, polo que rexeitan liortas políticas ante asuntos importantes.
O vicevoceiro Fernando Pensado, afirmou que a Consellería de Sanidade ten desenvolvido un esforzo tremendo para dota ao HULA con tódalas instalacións, e para poñelo a funcionar con todo o persoal, xa que é un dos hospitais máis grandes.
Resaltou Pensado que o Departamento de Rocío Mosquera xa ten enviado ao DOUE o anuncio indicativo, “así que nos vindeiros días sairá publicado o inicio da licitación da sala de hemodinámica para cumprir o compromiso de que en torno ao verán esté licitado”- afirmou.
COOPERACIÓN COS CONCELLOS
A voceira do Grupo provincial popular manifestou que a Deputación de Lugo suspende en colaboración cos concellos. Tildou ao Organismo que preside Gómez Besteiro de sectario posto que discrimina aos concellos da provincia en razón da cor política que os goberna.
“Se comparamos a Deputación de Lugo co resto das Deputacións, vemos claramente este sectarismo”- manifestou a popular quen puxo coma exemplo dúas distincións considerables: Outeiro de Rei (concello lucense), de 5.046 habitantes e 133 quilómetros cadrados, recibiu do POS 2012, 14.509,80 euros, mentres que Curtis (concello coruñés) cun número de habitantes similar, incluso algo inferior, 4.159 habitantes e unha extensión de 116,6 quilómetros cadrados, recibiu no 2012, 233.340 euros.



















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



