Ribadeo, 31 de maio de 2013. Os premios da oitava edición do concurso gastronómico Ribadeo, de tapeo, que se celebrou do 10 ao 19 deste mes, foron entregados hoxe no transcurso dun acto que se celebrou na Casa do Concello e que contou coa participación do alcalde, Fernando Suárez, e da concelleira de Desenvolvemento Local e Turismo, Ana Martínez.
Os premios aos clientes dos establecementos participantes foron para as seguintes persoas: Begoña Fraga Bellón, que gañou unha estancia nunha casa de turismo rural; Nuria Nonide Amor, que resultou agraciada cun curso de surf por cortesía de Hola Ola; Tania Fernández Faílde, que recibiu un bono de 100 euros da asociación da Praza de Abastos de Ribadeo; Ruben Fernández Fernández, que foi obsequiado cun bono de Hola Ola; Miriam Bouso Gallego e Sandra Piedrahita, que gañaron senllas viaxes en avioneta da asociación Club Aéreo de Ribadeo.
Dentro da iniciativa denominada Soños gastronómicos a premiada foi María Estévez Orge, que gañou unha noite de hotel para dúas persoas por cortesía do hotel Bouza. E no concurso de curtametraxes o premio, que é unha comida no hotel restaurante Voar, correspondeulle a Miguel Ángel Fernández.
Tamén foron entregados os premios ás mellores tapas desta edición do Ribadeo, de tapeo. Os decididos polo xurado corresponderon, por este orden, aos restaurantes La Solana, La Villa e O Tumbín, mentres que o do público foi para o hotel Bouza.

























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



