Dende o PSdG-PSOE de Burela queremos insistir unha vez máis na denuncia feita en nota de prensa do 8 de maio na que denunciabamos a supresión de servizos que se estaban a dar no Hospital da Costa, e vista a negación por parte do SERGAS das nosas denuncias queremos aportar probas para que se dean a coñecer á opinión pública da Mariña para que toda a cidadanía da Mariña e máis concretamente a de Burela vexa que nós non mentimos.
Dende o PSdG-PSOE de Burela queremos reiterar que en ningún caso imos a facer demagoxia cun tema tan importante para os nosos veciños e veciñas como é o da saúde pública, así o dixemos e así o seguimos a manter. Pero en ningún caso imos a consentir que se diga que mentimos, ou que inventamos as denuncias que os propios veciños e veciñas nos fan chegar.
Para corroborar isto axuntamos a esta nota de prensa dous documentos referentes ás denuncias que facíamos na nota do 8 de maio que mostran claramente que o que denunciabamos é unha realidade. Nunca dende o PSdG-PSOE de Burela imos a denunciar nada que nos veña avalado por documentación que demostren a veracidade das nosas denuncias, nin neste asunto nin en ningún outro e menos aínda imos a poñer en dúbida a palabra dos nosos veciños e veciñas que nos trasladen os seus problemas, problemas que dende o momento en que se poñan no noso coñecemento pasan a ser os nosos problemas, e así os vamos a tratar.




















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



