Dende o PSdG-PSOE de Burela queremos mostrar a nosa estrañeza e preocupación pola decisión dos representantes do Partido Popular de Burela de renunciar a cartos que poñía enriba da mesa a Deputación Provincial de Lugo para obter a certificación ISO 14001 nas praias do noso Concello. Entendemos que esta axuda de máis ou menos 20.000 euros faría que as nosas praias contaran cun recoñecemento de calidade que as faría máis atractivas para os noso veciños e veciñas, e para os nosos visitantes.
Esta actitude mostra o total desinterese por parte do “desgoberno” municipal de Burela no sector turístico, un sector que nos tempos que corren é un valor a explotar en todos os seus eidos; xa que pode ser unha fonte de ingresos e de emprego para os nosos veciños e veciñas, máis tendo en conta que o noso Concello conta con preto de 900 parados e que o equipo de “desgoberno” e totalmente incapaz de aplicar políticas que axuden a que este drama social vaia diminuíndo. Dende o PSdG-PSOE de Burela entendemos que o turismo debe de ser un dos eixos principal no que se debe de traballar no noso pobo para así crear riqueza e benestar.
Entendemos que o equipo de “desgoberno” de Burela lle debe unha explicación convincente ós noso veciños e veciñas para renunciar a estes cartos, e por suposto explicarlle ó sector hostaleiro porque se renuncia a que as nosas praias conten cós máximos garantes de calidade para poder así converterse nun reclamo turístico. Máis tendo en conta que, por exemplo, o Concello de Foz, tamén do Partido Popular, si aceptou estas axudas, e con maior razón tendo en conta que Foz si que é un pobo que se caracteriza por ter unha grande afluencia de turismo na época estival.
Este equipo de “desgoberno” marca así unha liña de traballo para non querer á colaboración por parte da Deputación Provincial, liña de traballo que nós entendemos que non é boa para os nosos veciños e veciñas e que pode traer graves consecuencias para Burela.