As hostes laranxas responderon con pleno de acertos no periplo de Copas. Tras a vitoria na ida (2-0), na cita de Terceira División, o Burela FS Pescados Rubén B volveu impoñerse ao Pizzbur Cidade de Viveiro (4-8). Os xuvenís tamén fixeron os deberes con triunfo 3-6, na semifinal de ida.
A fase final da Copa de Terceira está prevista para o sábado 1 de xuño fronte ao gañador da semifinal entre Vilalba FS e 5 Coruña FS, que xogarán o encontro de volta o 25 de maio. Ata o momento a vantaxe é para os chairegos, que venceron na ida aos herculinos por 7-2.
Copa Terceira División-Semifinal de volta
Pizzbur Cidade de Viveiro 4-8 Burela FS Pescados Rubén B
Copa Nacional Xuvenil-Semifinal de ida
ADFS Bueu 3-6 Burela FS























López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
