Lugo, 21 de maio de 2013. O nacionalista Antonio Veiga, vicepresidente da Deputación de Lugo, participou esta mañá na presentación do VI Rally Comarca da Ulloa que se celebrou no Pazo dos Deportes. Na presentación tamén estiveron presentes os representantes dos concellos polos que transcorre o rally, xunto ao subdelegado do goberno en Lugo, Ramón Carballo, e o presidente da Escudaría Ulloa, Luís Vilariño.
Neste VI Rally Comarca da Ulloa, organizado pola Escudería da Ulloa, en colaboración coa Escudería Lalín Deza, é a cuarta proba puntuable para o Campionato de Galiza de Rallyes de Asfalto. Arredor de 100 participantes tomarán a saída neste rally que por primeira vez tocará tamén as terras de Melide.
Antonio Veiga destacou que “desde a Área de Deportes da Deputación colaboramos sempre co Rally da Ulloa desde a súa primeira edición”, contribuíndo deste xeito a instaurar na comarca unha proba automobilística que se consagrou no mundo do motor galego nestes cinco anos grazas ao seu poder de convocatoria e ao éxito de participación. Veiga fixo referencia a que esta proba, a cuarta do calendario automobilístico galego, conta cunha alta participación de equipos de referencia que aproveitan para rodar os seus vehículos de cara á competición. Antonio Veiga sinalou que a Deputación apoiou decididamente esta proba “xa que constitúe, non hai que esquecelo, un importante axente dinamizador socioeconómico con capacidade para xerar beneficios no sector hostaleiro e turístico da comarca”. Tal como recordou o vicepresidente da Deputación, calcúlase que “son preto de 30.000 as persoas que acoden a presenciar o rally da Ulloa, polo que o impacto e repercusión que isto ten na economía local é moi importante e algo a ter en conta á hora de organizar competicións deportivas deste tipo”. Ademais, Antonio Veiga lembrou que “Lugo está á cabeza de Galiza e España no que á competición automobilística ten a ver. Lugo é unha potencia no mundo do motor”.
Pola súa banda, Luís Vilariño, presidente da Escudaría da Ulloa –organizadora do evento-, agradeceu á Deputación de Lugo todo o apoio que desde a Área de Deportes se lle brinda á organización do Rally Comarca da Ulloa desde a súa posta en marcha e explicou que este ano súmase o concello coruñés de Melide, polo que discorrerá un tramo espectáculo o venres máis outro cronometrado o sábado. Ademais, grazas á colaboración da empresa Intermax, o rally vai ser retransmitido en directo a través de streaming.
O subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo, agradeceu o empeño de todos os implicados, organización e administracións, para sacar este rally adiante e asegurou que o amplo dispositivo de seguridade en canto a efectivos que se vai despregar durante a disputa da proba garantirá que todos os participantes así como a xente que se achegue a presenciar a proba o fagan nas condicións de seguridade óptima.
Tanto como o alcalde de Monterroso, Antonio Gato, coma o de Palas de Rei, Pablo Taboada, e a alcaldesa de Melide, Mª Ánxeles Vázquez Mejuto, coincidiron en gabar o traballo da organización do rally e a implicación das institucións para apoiar unha proba automobilística que constitúe unha gran oportunidade para esta comarca do interior de Galiza, ao situalos por un día no epicentro mediático do mundo do motor galego.






















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
