Cervo, 24 de maio de 2013-Uns 40 alumnos de infantil do CEIP Fondo Nois de Foz asistiron esta mañá a unha xornada de autoprotección escolar ofrecida polo servizo municipal de Protección Civil de Cervo. Unha actividade na que este grupo de emerxencias sacou da base o seu material de traballo e os seus vehículos para expoñelos na praza da Casa do Concello. Deste xeito, os pequenos puideron ver, tocar e coñecer diversos equipos como os de excarceración ou protección química así como interactuar co camión de bombeiros, xogando cos equipos de comunicación ou a sirena.
Ao mesmo tempo, os efectivos ofreceron unha charla ao alumnado na que lles transmitiron unhas pautas de conduta e medidas preventivas de seguridade co obxectivo de “inculcarlles xa dende a infancia a cultura da autoprotección como forma de prever e evitar riscos” tal e como explica o edil de Seguridade Cidadá, José Ramón Soto que xunto co alcalde, Alfonso Villares, estivo presente durante a xornada. Unha charla na que tamén se proxectou material audiovisual didáctico adaptado á súa idade.
Ademais, os escolares tamén puideron comprobar a utilidade e eficacia do vestiario ignífugo que utilizan os efectivos para saír a un incendio. Para iso, unha das mestras que acompañaba aos alumnos vestiuse con todos os elementos necesarios para asistir nun incendio ao tempo que un dos efectivos acendía unha pequena mecha na manga, de forma que os nenos e nenas comprobaron a través desta proba como o vestiario especial resiste ao lume.
Esta actividade concreta inclúese nun programa máis amplo de autoprotección escolar que o Concello de Cervo pon en marcha dende hai case 15 anos sempre coa colaboración do servizo municipal de Protección Civil dirixido aos centros escolares da Mariña. Un programa no que se ofrece ao alumnado de infantil e primaria información a través de diferentes medios sobre os comportamentos máis recomendables e seguros en distintos lugares e situacións, dende o fogar, a vía pública, os eventos multitudinarios ou o centro escolar. “Estamos convencidos de que se trata dunha iniciativa moi beneficiosa para os pequenos e para a súa seguridade e por iso mantemos activo dende hai máis dunha década este programa de contacto constante cos centros educativos” remata Soto.






















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



