O grupo de montaña do Club Deportivo “Marqués de Casariego” de Tapia organiza unha nova travesía polos concellos de Teberga e Somiedu que se celebrará o vindeiro sábado 25 de maio con saída as sete e media da mañá dende Tapia. Manolo Fraga e José Luís da Peruyeira exercerán de guías por terras do Puertu de S. L. Laurienzu, La Peña ‘L Michu, Brañas de Saliencia e Sapiencia. O prezo da actividade é de 5 euros para os socios, 3 para os colaboradores e 12 para os non socios. Os interesados poden inscribirse ata o xoves 23 de maio nos teléfonos: 689 175 515 (José Luís), 659 000 707 (Rafa) e 608 540 828 (Eva).





















Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



