Cervo, 6 de maio de 2013-Os 10 nenos e nenas que participan no Obradoiro de Teatro organizado con motivo do Día das Letras Galegas avanzan nos ensaios dunha peza teatral. Trátase de “Todo é un conto”, unha obra en galego na que se mesturan os protagonistas de diferentes contos infantís e de filmes de animación e que xiran ao redor dun mesmo tema: todos teñen algunha doenza ou preocupación que os leva á consulta dunha doutora que ofrecerá unha solución ben peculiar a cada caso. A Carapuchiña Vermella, o Lobo Feroz, Cincenta, Riciños de Ouro, Nemo ou o Rei León son algunhas das personaxes que acudirán ao seu excéntrico consultorio.
Uns obradoiros que xa se converteron nunha actividade habitual que as concellerías de Educación e Cultura poñen en marcha periodicamente, tanto pola súa boa acollida como polos beneficios que implica para os participantes, que “aprenden a perder a vergonza de falar en público e o medo escénico, e melloran a súa xestualidade e capacidade de interpretación como unha forma de iniciarse no mundo do teatro” explica a edil de Educación, Pilar Armada.
Aínda así, tamén cabe lembrar que hai moitos participantes que repiten, xa que teñen acudindo a estes obradoiros en anteriores edicións, como as postas en marcha no Nadal ou no Outono Cultural, todas co mesmo obxectivo de “achegar esta arte escénica aos máis pequenos e espertar o seu interese polo teatro” remata Armada. Un obradoiro que comezou a impartirse o 26 de abril e que aínda ten por diante as xornadas do 10, 24 e 31 de maio e o 7 de xuño na Casa da Cultura.
Certame infantil
Ademais, a Concellería de Cultura lembra tamén que ata o 10 de maio segue aberto o prazo para presentar os traballos para o Certame de narración e debuxo infantil con motivo do Día das Letras Galegas que convoca a Biblioteca Municipal. Nel poden participar todos os nenos e mozos ata os 16 anos que decidan presentar ou ben un debuxo ou ben unha narración, podendo achegar cantos traballos desexen de ambas modalidades. Iso si, as narracións deben estar escritas en galego cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara e axustándose ao tema “A toda máquina”. En canto aos debuxos, deben estar feitos sobre cartolina de tamaño DIN A-4 sobro o mesmo tema mencionado. Cada traballo presentado debe ir acompañado dunha folla cos datos persoais do autor. Á hora de seleccionar os premiados establécense tres categorías: ata os 8 anos; de 9 a11 e de 12 a 16 anos.
Os traballos deben ser entregados na Biblioteca Municipal de San Cibrao. Cabe lembrar que se trata dun certame convocado a nivel local e que os tres mellores traballos de cada categoría serán premiados e pasarán á fase provincial convocada pola Biblioteca Pública de Lugo.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



