A Cofradía da Misericordia celebra cada mes de maio unha romaría de Irmandade no Monte San Roque. Este ano será o vindeiro sábado 25 de maio e comezará ás once da mañá coa Misa de Saída na Capela da Misericordia para tomar rumbo cara a capela de San Roque na que ás doce e media se celebrará outra Misa. Ás dúas da tarde terá lugar a comida na Parrillada San Roque. Os interesados en participar poden comunicalo vía telefónica aos seguintes números: 667 64 70 43 e 635 15 39 46. O prezo da actividade é de 15 euros por persoa.
VI Romaría da Irmandade da Cofradía da Misericordia de Viveiro
VI Romaría da Irmandade da Cofradía da Misericordia de Viveiro
Relacionado
-
A Casa da Cultura acolleu este sábado a entrega de premios do XV certame de fotografía Cervo Respecta
-
Nova concentración de Modepen Ribadeo
-
A Praza da Pulida de Cariño foi escenario este venres da representación da obra ‘Costa da Morte: Cartografía dun naufraxio’, dentro da xira de presentación desta coprodución do Centro Dramático Galego coa creadora Mariña Lestón