Inclúe unhas xornadas técnicas para profesionais da construción
A feira Hogar Lugo, adicada á vivenda, reforma, moble e decoración, celebrarase este ano no Palacio de Feiras e Congresos da cidade, concretamente entre os días 24 e 26 de maio.
Esta cita alcanza xa a súa terceira edición e contará cun espazo de exposición de 4.000 metros cadrados, correspondentes a máis de 30 expositores. Como en anos anteriores, aportará as últimas novidades en moble, descanso, decoración, baño, gres, estufas, chemineas, cociñas, tarimas, piscinas e maquinaria para xardinería, entre outras.
Outro dos eixos principais da feira será unha gran oferta inmobiliaria con prezos especiais, tanto de vivenda nova como de segunda man. Conterán ofertas da cidade de Lugo, da súa provincia e da costa coruñesa.
Xornadas técnicas
Ademais da exposición de novidades, a feira contará, na xornada matinal do día 24, cunhas xornadas técnicas organizadas pola Asociación de Promotores de Lugo. Nelas, debaterase sobre a nova Lei de Rehabilitación, Rexeneración e Renovación Urbana. Por outra parte, tamén se impartirá unha charla co título “Los mecanismos de defensa ante la crisis empresarial”.
Estas xornadas están dirixidas a todas as persoas relacionadas coa industria da construción: arquitectos, aparelladores, construtores, instaladores, administradores de fincas…
A feira abrirá de 11.00 a 20.30 horas os tres días en horario continuado.





















Nesta ocasión participará Susana Vázquez Fernández, coach de saúde emocional e facilitadora en procesos de duelo e perda, que impartirá o faladoiro “Xestión do ánimo”, centrado en técnicas de relaxación, pensamento positivo e coidado da saúde mental para mellorar o benestar emocional. A actividade está aberta á veciñanza e busca crear un espazo para compartir, aprender e coidarse en comunidade. Conta co apoio e colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
Será este xoves, día 14 de maio, ás 19:00 horas no salón de actos do Concello. O mago Pedro Bugarín presentará o seu espectáculo titulado Galicia con maxia. Para esta actividade o Concello de Lourenzá conta coa colaboración da Deputación de Lugo.
O mozo ciclista continúa a demostrar o gran nivel desta tempada, na que suma xa un primeiro posto e un terceiro nas últimas probas das Escolas de Ciclismo da Federación Galega. Uns resultados que reflicten o seu esforzo, constancia e paixón polo deporte. O Concello tamén quixo poñer en valor o traballo do club Medela MTB, pola súa aposta pola formación e polo deporte base, acompañando aos máis novos no seu crecemento deportivo e persoal. Desde Cervo trasladan os parabéns a Mateo e á familia Medela, e destacan o orgullo polos éxitos e pola excelente tempada que están a realizar.
Durante a súa intervención, Xosé Merelles destacou a capacidade da romaría para conservar viva unha tradición transmitida de xeración en xeración e profundamente vinculada á identidade da comarca. Xosé Merelles puxo en valor o papel da Romaría do Bispo Santo como exemplo do turismo cultural e espiritual que promove Galicia, baseado na autenticidade, na conservación das tradicións e no patrimonio inmaterial.
O encontro incluíu sesión vermú amenizada polo Dúo The Poker e unha comida popular con empanada, embutido, croquetas, xamón cocido, tenreira asada e sobremesa. Pola tarde continuou a música e realizáronse sorteos de agasallos achegados polas asociacións colaboradoras. A iniciativa foi organizada pola Asociación O Castelo, en colaboración coas asociacións parroquiais e o Concello de Alfoz, que agradeceron a ampla participación. Durante a xornada tamén houbo un momento de lembranza para Jorge Val, exalcalde falecido hai un ano, destacando o apoio que brindou ás asociacións locais.
Unha actividade organizada pola Asociación Cultural pensada para promocionar os produtos de proximidade e da artesáns, nun ambiente lúdico e festivo. Produtos de horta, conservas, mel, requeixo, plantas ornamentais ou bisuteria son algúns dos produtos que se podían encontrar no mercado, que contou tamén con outras actividades como bautismos hípicos. A Vicepresidencia da Deputación colaborou un ano máis na programación do mercado cun obradoiro de coiro e animación musical.
A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.



