Cervo, 21 de maio de 2013.- Preto dun 10% das empresas distinguidas coa Q de Calidade Turística do Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE) en Galicia están na comarca da Mariña. Así o destacou hoxe a delegada territorial, Raquel Arias, nunha xuntanza con representantes do sector turístico e dos concellos mariñaos na que explicou os distintos programas de axuda postos en marcha pola Xunta neste ámbito.
Arias informou de que a Axencia Turismo de Galicia inviste 1,5 millóns de euros en cinco liñas de actuación dirixidas aos axentes turísticos “coas que a Xunta busca apostar pola innovación e pola excelencia como factores diferenciais para competir no mercado turístico”.
Así, entre as convocatorias que están abertas neste momento, destacou a destinada á modernización e mellora de instalacións en hoteis, restaurantes, albergues turísticos e empresas de servizos turísticos complementarios. A axuda pode chegar a cubrir o 40% do investimento subvencionable.
Igualmente, a Xunta subvenciona ás empresas turísticas interesadas ata o 75% dos custos relativos aos procesos de certificación, seguimento e/ou renovación do sistema de Q de Calidade Turística, así como os derivados dos dereitos de uso da marca. Os concellos tamén están en prazo para solicitar subvencións para o apoio, a promoción e a difusión de Festas declaradas de Interese Turístico de Galicia, que son un importante reclamo turístico.
Por último, Turismo de Galicia axuda ás axencias de viaxes que comercialicen e promocionen o destino Galicia a través da creación de paquetes turísticos, e ás entidades privadas interesadas en introducir servizos turísticos complementarios.
Con todo elo, apuntou Arias, “a Xunta de Galicia demostra o seu esforzo polo progreso do sector, incentivando a creación de novos produtos e a mellora dos servizos e instalacións que configuran a nosa oferta turística”.
Arias explica que a Xunta está a traballar para ordenar a oferta turística de Galicia baixo un selo único e avalada pola excelencia turística como elemento diferenciador, de aí que “se realice un importante esforzo inversor para axudar ao sector a camiñar nesta dirección”, segundo afirmou.
Na reunión participaron tamén o presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña e alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente Parga, o vicepresidente da Fegamp e alcalde de Cervo, Alfonso Villares, así como representantes e empresarios do sector turístico da zona. Neste foro, a delegada sinalou que “o papel clave que ten o turismo aquí, e a importancia de incrementar e mellorar as dotacións e os servizos para presentar unha oferta competitiva”.






















O mozo ciclista continúa a demostrar o gran nivel desta tempada, na que suma xa un primeiro posto e un terceiro nas últimas probas das Escolas de Ciclismo da Federación Galega. Uns resultados que reflicten o seu esforzo, constancia e paixón polo deporte. O Concello tamén quixo poñer en valor o traballo do club Medela MTB, pola súa aposta pola formación e polo deporte base, acompañando aos máis novos no seu crecemento deportivo e persoal. Desde Cervo trasladan os parabéns a Mateo e á familia Medela, e destacan o orgullo polos éxitos e pola excelente tempada que están a realizar.
Durante a súa intervención, Xosé Merelles destacou a capacidade da romaría para conservar viva unha tradición transmitida de xeración en xeración e profundamente vinculada á identidade da comarca. Xosé Merelles puxo en valor o papel da Romaría do Bispo Santo como exemplo do turismo cultural e espiritual que promove Galicia, baseado na autenticidade, na conservación das tradicións e no patrimonio inmaterial.
O encontro incluíu sesión vermú amenizada polo Dúo The Poker e unha comida popular con empanada, embutido, croquetas, xamón cocido, tenreira asada e sobremesa. Pola tarde continuou a música e realizáronse sorteos de agasallos achegados polas asociacións colaboradoras. A iniciativa foi organizada pola Asociación O Castelo, en colaboración coas asociacións parroquiais e o Concello de Alfoz, que agradeceron a ampla participación. Durante a xornada tamén houbo un momento de lembranza para Jorge Val, exalcalde falecido hai un ano, destacando o apoio que brindou ás asociacións locais.
Unha actividade organizada pola Asociación Cultural pensada para promocionar os produtos de proximidade e da artesáns, nun ambiente lúdico e festivo. Produtos de horta, conservas, mel, requeixo, plantas ornamentais ou bisuteria son algúns dos produtos que se podían encontrar no mercado, que contou tamén con outras actividades como bautismos hípicos. A Vicepresidencia da Deputación colaborou un ano máis na programación do mercado cun obradoiro de coiro e animación musical.
A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.



