Este martes a Asociación de Veciños do Burgo de Trasbar organizou en colaboración coa Garda Civil, unha xornada de seguridade dirixida para os maiores. Os axentes Diego e Antonio, do cuartel de Barreiros, dun xeito moi cercano aconsellaron e informaron a todos os asistentes acerca do “Plan mayor de seguridad”. Os veciños de Trasbar agradecen o trato, a profesionalidade e amabilidade destes dous membros da Garda Civil. Deste xeito a Asociación de Veciños do Burgo de Trasbar cerra o ciclo sobre seguridade na que se contou coa colaboración da Garda Civil, Cruz Vermella e Protección Civil de Cervo ao largo dos dous anos de vida deste colectivo.
