Vegadeo, 8 de xuño de 2013. A portavoz popular de Medio Ambiente na Xunta Xeral do Principado, Victoria Delgado, asegura que a nova lee de Costas ven a poñer orde á caótica situación que ocasionou a anterior normativa que data de 1988. A deputada rexional dixo en Vegadeo que en Asturias hai 1.195 ocupacións de dominio público marítimo terrestre, das que so 139 contan con licenza de ocupación.
Victoria Delgado sinalou en Vegadeo que “é unha lei que concilia perfectamente a actividade económica coa protección do litoral. Veu facer xustiza e regularizar moitas situacións absolutamente inxustas e bastante lesivas producidas como consecuencia da lei de 1988, que foi moi contestada, incluso chegou ó Tribunal Constitucional e que realmente nunca se aplicou da forma contundente como pretendía facerse”.
Para a deputada rexional do PP “esta lei ven a reforzar a protección do medio ambiente litoral. En Asturias é así ó igual que no resto das comunidades autónomas españolas con costa. A normativa incrementa a seguridade xurídica dos cidadáns e das empresas ligadas co turismo. Polo tanto concilia esta protección do litoral coas actividades económicas e é respetuosa co medio ambiente”.
Delgado indicou que “a nova lei, que modifica a anterior de Costas, beneficia a un total de 550.000 cidadáns cuxas vivendas se encontran en todas as comunidades autónomas do litoral español. En Asturias na actualidade hai 1.195 ocupacións de dominio público marítimo terrestre e delas solo 139 contan con licenza de ocupación. Do total desta cifra hai 118 vivendas con 472 ocupantes”.
A deputada rexional e portavoz de Medio Ambiente na Xunta Xeral do Principal engadiu que “logo na zona de servidume, que é a inmediatamente seguinte á de dominio público marítimo-terrestre, encontrámonos con que en Asturias hai 2.179 viviendas con máis de 8.700 residentes”.
“Polo tanto esta lei ven a poñer orde á caótica situación despregada con ocasión da anterior Lei de Costas e resolve problemas históricos arrastrados durante máis de 25 anos introducindo un sentido común entre a preservación do litoral e a protección dos dereitos dos cidadáns”, manifestou Victoria Delgado na súa comparecencia ante os medios de comunicación en Vegadeo.
Delgado visitou a Feira de Mostras de Vegadeo acompañada da alcaldesa, Begoña Calleja. Miles de persoas acoden durante catro días a este certame que chegou á súa 50 edición.




















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



