A Deputada de Medio Ambiente e Enerxías Renovables, Sonsoles López Izquierdo, presentou hoxe a programación que a institución provincial ten organizadas para os meses de xullo, agosto e setembro nas instalacións do Centro de Interpretación Terras do Miño no Rato, durante a visita que realizou á exposición Pegadas para a Terra, que abre hoxe as súas portas precisamente neste Centro.
Acompañada pola artista Asunción Bermúdez, responsable desta mostra que analiza o papel de diferentes colectivos e persoeiros en prol da defensa do medioambiente e os dereitos humanos, López Izquierdo destacou que nesta nova tempada de actividades potenciaranse aquelas que se realicen ó aire libre, “porque un dos valores deste Centro é o de estar situado nun entorno natural privilexiado, a un paso do centro da cidade”
A Deputada subliñou que “as actividades programadas nos meses anteriores acadaron unha estupenda acollida, sumando máis de 700 participantes”. Algunhas das actividades postas en marcha, coma o curso de “Botánica doméstica: plantas medicinais e plantas das nosas hortas e campos”, superaron as previsións máis optimistasm de xeito que “a resposta por parte dos veciños amosa que estamos no bo camiño e anímanos a seguir traballando na nosa aposta por converter ó Centro de Interpretación nun espazo de referencia en formación e educación ambiental, así coma de divulgación científica”
Máis actividades no exterior
Novamente, dentro das actividades programadas haberá conferencias, obradoiros e cursos, dirixidos a públicos de todas as idades, con especial relevancia daquelas que celebren no exterior. Unha das actividades máis novidosas será o curso que amosará as posibilidades de cociñar alimentos coa luz do sol, “Cociña solar”, para obter receitas saudables e sen custe enerxético.
En canto ás actividades dirixidas a nenos, son as seguintes:
– 2 e 3 de xullo: rutas polo Rato, para nenos de 6 a 12 anos
– 6 e 7 de xullo: obradoiro “A miña amiga Terra”, tamén para nenos de 6 a 12 anos
– 9 e 10 de xullo: obradoiro “Os moradores do vento, as aves do nos entorno”, para nenos de 10 a 18 anos
– 23 e 24 de xullo: obradoiro “Os espías verdes”, para nenos de 3 a 6 anos
– 27 de xullo: obradoiro “Xoguetes naturais”, tamén para nenos de 6 a 12 anos
– 28 de setembro: obradoiro de “Cociña saudable”, para nenos de 6 a 12 anos
Os nenos tamén poderán participar nas actividades pensadas para gozar en familia:
– 16 e 17 de xullo: obradoiro “Un rato de natureza”
– 20 e 21 de xullo: obradoiros de relaxación
– 30 e 31 de xullo: obradoiro O río Rato ós ollos dun científico
– 29 de agosto: Encontro de Cociña Solar
– 14 e 15 de setembro: Gymkana medioambiental
Os maiores terán a súa propia programación:
– 22 de xullo e 21 de agosto: a natureza e o mito
– 7 e 8 de setembro: Herbas máxicas
– 21 de setembro: Ruta etnográfica
– 22 de setembro: Ruta etnográfica
No mes de setembro chegarán as conferencias de divulgación científica, os días 12 de setembro, na que o catedrático da Escola Universitaria de Formación do Profesorado, Uxío Otero, disertará sobre “Os valores educativos da natureza” e 26 de setembro, cando diversos poñentes falarán acerca dos “Valores e potencialidades da Reserva da Biosfera de Os Ancares lucenses”
Os interesados participar, poden inscribirse a través na páxina web www.deputacionlugo.org. O Centro de Interpretación, escenario destas actividades, amplía o seu horario operativo.
Pegadas para a Terra
Asunción Bermúdez é a responsable da mostra que, dende hoxe e durante os meses de verán, poderá admirarse nas instalacións do Centro de Interpretación Terras do Miño. Pegadas para a Terra rende unha homenaxe a persoeiros históricos e movementos sociais que teñen destacado pola súa defensa do medio ambiente e dos dereitos humanos. Percorrendo as instalacións, os asistentes poderán aprender máis acerca de asociacións coma Greenpeace ou o Movemento Chipko –que trata de concienciar á sociedade sobre a importancia das especies arbóreas mediante os “abrazos”-, ou xentes coma Mahatma Gandhi, Chico Mendez ou Wangari Muta Maathai, a primeira muller africana en recibir o Nobel da Paz.
A visita é gratuíta e poderá realizarse no horario habitual do Centro: de luns a xoves, abrirá as súas portas de 9:30 a 14:30 horas; os venres, de 9:30 a 14:30 e de 16:00 a 19:00 horas. As fins de semana o horario será de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas os sábados e de 11:00 a 14:00 horas os domingos.






















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



