Unha ducia de nenos e nenas barreirenses participaron onte nunha xornada de surf de xeito totalmente gratuíto. A actividade foi organizada polas Escolas Deportivas Municipais de Barreiros e pola firma ribadense Hola Ola. O obxectivo é acercar aos máis pequenos á práctica deste deporte. Os nenos e nenas recibiron a visita do alcalde, Alfonso Fuente.
