Remata unha semana de actividades para conmemorar o 3º aniversario da asociación. O venres día 21, ás 18:00 h inaugurouse a I Exposición de Pasiño a Pasiño, onde se poideron contemplar ao redor de 40 traballos de pintura, realizados polos nenos de 5 a 11 anos. Tamén se expuxeron fotografías onde se resumían as últimas actividades, saídas e obradoiros realizados pola asociación durante o ano así coma traxes de carnaval e de Samaín confeccionados tamén con axuda de todos os socios. Houbo tarta de cumpreanos con forma de pe, e unha homenaxe para a profesora de debuxo (Oliva), que foi quen de sacar o mellor de cada neno durante os 9 meses que durou o curso de pintura. O sábado, 22, os Ghazafelhos e a súa obra de teatro “Bon Apetit” fixeron desternillarse de risa a nenos e maiores no auditorio da Casa da Cultura de San Cibrao. E, o domingo, 23, os nenos saíron polo entorno do pobo cos seus cestiños a recoller fiunchos para colocar nas fiestras e portas e xa de cara á noite foron a bailar ás fogueiras seguindo a tradición.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



