O aspirante á secretaría xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, presentou hoxe o seu proxecto para o partido ante a militancia de A Coruña e lamentou a actual situación “sen horizonte” que está a vivir Galicia co goberno do PP. O socialista afirmou que “o PSdeG terá moito que dicir nesta nova etapa” na que “os socialistas debemos decidir se queremos marcarlle liñas vermellas aos mercados e devolverlle poder e capacidade de decisión ao Estado” porque “a perda desta capacidade é o que nos levou a esta situación”. Nesta liña, Gómez Besteiro avogou por “volver situar o Estado por riba do Mercado para solucionar os problemas das persoas” e “explorar as posibilidades de que a administración, que somos todos, participe nos sectores estratéxicos do país”.
O socialista lembrou que as grandes privatizacións que fixo o PP (Endesa, Repsol) baixo o compromiso de que os servizos serían máis competitivos e baratos para os usuarios “resultou ser un engano para a economía real” das persoas, e destacou que unha maior participación pública permite tamén novos modelos económicos. “Por exemplo, é posible a participación dos traballadores nos beneficios e resultados das empresas. Está recoñecida ata pola Unión Europea a estreita vinculación entre as formas participativas e a mellora da produtividade”, afirmou.
Ante a actual situación económica e social, o lucense chamou a “rebelarse contra o xogo da dereita, que é convencernos de que desde Galicia non podemos facer nada, porque temos todas as posibilidades se hai un proxecto económico de país, e se todos cremos realmente niso”. Para logralo, Gómez Besteiro reivindicou ante a militancia levar a cabo unha “política de contaxio” para “recuperar a confianza de todos os progresistas de Galicia, que somos lexión”. Como exemplo da falta de proxecto, Besteiro destacou que “o 80% do territorio galego non está a ser produtivo neste momento, un luxo que non se pode permitir”, polo que chamou aos actuais gobernantes a “ser máis xenerosos, máis serios, con maior altura de miras e pensar dunha vez por todas en políticas a longo prazo, e non só nos réditos políticos inmediatos e no beneficio dos intereses duns poucos”.
A Coruña como exemplo de cidade que creceu co socialismo e que agora “se resigna”
Entre as medidas concretas e as ideas do seu proxecto de partido, Gómez Besteiro insistiu na importancia do municipalismo “como eixo do socialismo” e da atención á cidadanía desde as institucións máis próximas, e puxo as cidades como “o lugar desde o que o PSdeG retomará un proxecto serio de país”. Ante a militancia coruñesa, o socialista puxo A Coruña como exemplo de “cidade que creceu grazas a proxectos socialistas”, en contraposición coa “actual política de resignación e submisión a Feijóo e Rajoy” do goberno coruñés do PP, que “non ten nin ideas nin un proxecto real e só se dedica a esperar non se sabe ben a que, mentres todo o mundo sabe o moito que a cidade está a perder pero ninguén ten claro cara onde camiña”.


















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



