José Ramón Gómez Besteiro, aspirante á secretaría xeral do PSdeG, pechou hoxe o mes de xuño con case 5.000 quilómetros percorridos en ruta en máis de 20 visitas abertas á militancia en cidades e comarcas das catro provincias do país. Besteiro seguirá cos encontros no mes de xullo cara ao proceso de cambio do partido ata completar todas as zonas de Galicia. O socialista rematou un mes moi activo esta noite en Santiso, cos militantes do interior coruñés, onde volveu reivindicar a “unión sen fisuras” do PSdeG.
O socialista insistiu na importancia de que o PSdeG “volva ter unha soa voz”, e para iso apelou á “responsabilidade e o compromiso co partido, coa cidadanía e con Galicia” de todos. “Se non son o elixido estarei detrás apoiando a quen o sexa, e ese debe ser o compromiso de todos, porque Galicia necesita un partido e un proxecto socialista sólido de futuro”, apuntou. Besteiro destacou ademáis o “xogo limpo” dos compañeiros que xa deron un paso adiante para aspirar á secretaría xeral, e puxo este proceso como “exemplo para outros partidos”.
Sobre as visitas xa realizadas, Gómez Besteiro destacou a “boa acollida, as gañas de falar de política, de implicarse e de elevar o tono do discurso” da militancia. “Estes encontros están a ser moi positivos, porque constatan o que din os nosos 135 anos de historia: que hai partido e materiais para construír de novo unha alternativa de goberno progresista pola esquerda”, afirmou.



















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



