A final da Copa da Mariña e o torneo mindoniense O Pasatempo ateigarán o calendario da base burelista esta fin de semana.
O sábado, para os xuvenís, na terra de Cunqueiro, os rivais da primeira eliminatoria serán Sidrería San Blas e Llourinhos.
Vista Alegre acollerá o domingo pola tarde as finais de benxamíns, alevíns e infantís con pleno de presenza laranxa.
Copa Liga Nacional Xuvenil
O equipo de Lucas rematou a competición en Betanzos a semana pasada como subcampión, despois de caer ante o Azkar Lugo FS (6-3). O laranxa Hélder Gonçalves foi recoñecido como o mellor xogador.