Foz, 6 de xuño de 2013. O Concello de Foz conmemorará este venres, o Día do Medio Ambiente cunha mesa redonda que se celebrará ás once da mañá na Sala Bahía coa participación de catro relatoras e despois haberá un taller de limpeza na área recreativa do Bispo Santo para alumnos dos colexios focenses Martínez Otero e do Pilar.
Na mesa redonda participarán as concelleiras focenses de Servizos Sociais e de Medio Ambiente, Mercedes González e Maite López; a farmacéutica Fátima Saa e a técnico de Medio Ambiente do Concello de Foz, Vanesa Iglesias. Despois medio centenar de alumnos do colexio do Pilar e do Martínez Otero desprazaranse en autobús ata a área recreativa do Bispo Santo para levar a cabo un taller de limpeza.
A concelleira de Medio Ambiente aclarou que “en ningún caso imos poñer aos rapaces a traballar no entorno da área recreativa; o único que pretendemos dende o Concello con esta iniciativa e conciencialos de que é preciso ser máis respectuoso coas zoas comúns, que debemos tratar o de todos como se fose a nosa propia casa e que é importantísimo coidar o medio ambiente”.
Maite López tamén comentou que “a do Bispo Santo é unha das festas tradicionais que se seguirá celebrando como se fixo ata o de agora; o único que falta por conseguir entre todos é que cando se acaba a fin de semana se deixe todo limpo e recollido como está cando comeza a festa”. E rematou agradecendo a colaboración dos colexios e das participantes na mesa redonda.





















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



