O Concello de Cervo, a través da Concellería de Deportes, reuniuse con membros das directivas dos catro clubs e sociedades deportivas do municipio para coñecer as súas necesidades e reivindicacións e, ao mesmo tempo, facerlles entrega dos cheques das axudas do ano 2013 para as entidades deportivas. Unhas subvencións coas que se repartiron 23.000 euros entre o C.D. San Ciprián, S.D. Cervo-Sargadelos, S.D. Candelaria e Asociación Deportiva Cultural San Román.
Estas axudas, financiadas ao 100% con fondos municipais, concedéronse a través dunha convocatoria pública de subvención realizada no mes de abril á que responderon as catro entidades. Unhas subvencións que teñen como obxectivo contribuír cos clubs e as sociedades deportivas do municipio “na súa promoción do deporte” explica o edil de Deportes, Luis Guillén, que participou na xuntanza e na entrega xunto ao alcalde, Alfonso Villares.
Esta iniciativa de apoio e colaboración coas entidades deportivas locais vense poñendo en marcha nos últimos anos. Para iso inclúese nos orzamentos municipais unha partida específica que permite realizar este investimento. Unhas axudas que poden destinar a sufragar gastos derivados da promoción deportiva ou da participación nos campionatos federados así como aos gastos de funcionamento, conservación, mantemento ou reparacións de instalacións e equipamentos.
Ademais, cabe destacar que o Concello xa adiantou a súa intención de manter as axudas ás entidades deportivas para o ano que vén e xa está traballando para contar cunha partida de, polo menos, un importe semellante ao deste ano para “contribuír en todo o posible con estas entidades que tanto esforzo, ilusión e dedicación lle poñen ao fomento do deporte” remata Guillén.























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
