Foz, 20 de xuño de 2013. No Concello de Foz foi clausurado hoxe o obradoiro de emprego de xardinería e atención sociosanitaria, que se desenvolveu durante seis meses. O alcalde, Javier Jorge Castiñeira, destacou o labor realizado polos alumnos, os profesores e o director, que contribuíron a facer varias melloras en diferentes lugares do municipio.
“Hoxe clausurouse o obradoiro de emprego Punta Ventoeira, do Concello de Foz, e os resultados foron excepcionais, con seis meses de moi bo traballo por parte dos propios alumnos, que aparte de aprender un oficio de xardinería ou de atención sociosanitaria ademais colaboraron moitísimo traballando cos empregados municipais arreo. Pero desde logo tamén houbo un labor excepcional por parte dos profesores e do director”, manifestou o rexedor local.
Javier Castiñeira explicou que “os resultados son evidentes. No obradoiro de xardinería melloráronse dous parques que estaban nunhas condicións lamentables. A actuación máis importante fíxose no parque da praza Martínez Otero, que está nas proximidades da parada de taxis. Este dotouse de rego e cambiouse totalmente a súa morfoloxía. Houbo unha actuación tamén importante nas Torres, na urbanización As Lagoas, onde tamén se dotou de rego, mellorouse o céspede e as plantacións. Ademais colaboraron no arranxo de varias zonas verdes, como na Rapadoira”.
O alcalde engadiu que “no aspecto sociosanitario o traballo foi excelente: no banco de alimentos, no roupeiro municipal, melloráronse as instalacións cedidas polo Ministerio de Medio Ambiente, onde estaban antigamente as oficinas de Costas; fíxose un traballo boísimo no asilo, cunha colaboración de 4 persoas durante estes seis meses; e traballouse coa asociación de discapacitados Virxe do Carme no seu local, na Casa do Mar”.
“A pena foi que só durou seis meses”, dixo Castiñeira, quen anunciou que “ estamos preparando o seguinte obradoiro, para o que xa se presentou a documentación, e desde logo é importantísimo para Foz ter este tipo de formacións. Temos a esperanza de que se aprobe este novo obradoiro e seguiremos traballando no pobo, mellorando as zonas verdes e a actividade sociosanitaria”.
O rexedor tamén deu a coñecer que “dentro de dez días empezará o novo curso de xardinería, tamén subvencionado por parte da Consellería de Traballo, que está facendo un esforzo importante neste tipo de obradoiros e de cursos de formación”.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



