O Concello de Foz celebrou o Día do Medio Ambiente cunha mesa redonda celebrada na sala Bahía e na que participaron as concelleiras focenses de Servizos Sociais e de Medio Ambiente, Mercedes González e Maite López, respectivamente; a farmacéutica Fátima Saa e a técnico de Medio Ambiente do Concello de Foz, Vanesa Iglesias.
No acto abordaron cuestións relativas a alimentación e a reciclaxe de residuos e contou coa asistencia de medio centenar de alumnos e alumnas de sexto curso de Primaria dos colexios do Pilar e Martínez Otero. Despois de asistir á mesa redonda desprazáronse á área recreativa do Bispo Santo onde “a actividade foi máis breve do previsto, porque empezou a chover”, explicou a concelleira de Medio Ambiente.
