O resultado final do partido de ida en Betanzos ante o titular foi de derrota para os cadetes do C.D.Foz por 2-1. Os pupilos de Oke tocalles remontar o vindeiro sábado no Municipal de Malates, para así acadar o tan desexado ascenso á Liga Galega. O partido foi disputado con máis control por parte dos coruñeses, que manexan ben o balón. Non obstante, os dous goles locais viñeron a balón parado. O primeiro dun córner, onde o esférico quedou morto na area pequena e só fixo falta meter o pé para acadar o gol. O segundo, tamén nos minutos finais da primeira parte foi por unha falta lateral e, igual que o primeiro, o balón quedou mal despexado na area pequena e so houbo que rematar o coiro ó fondo das mallas. Pola súa parte, o Foz non logrou rematar un so tiro entre os tres paus.
Na segunda metade so cabía votarse para adiante, en busca dun gol que deixase a eliminatoria máis accesible. Así, o Foz creaba espacios atrás que aproveitaban os locais para saír en rápidos contrataques, creando perigo nalguhas ocasións. Xa pasada a metade do segundo tempo un disparo de Anxo, moi bombeado fixo que o porteiro local non despexase ben, e tras dar no largueiro, Dani rematou coa cabeza o balón no fondo das mallas. Co 2-1 no marcador os focenses dispuxeron doutra clara ocasión para empatar, pero o balón de Germán saeu fóra por pouco. Xa no tempo de desconto, un penalti absurdo a favor dos locais afundía ós rapaces focegos, pero Xosé nunha extraordinaria parada evitou o terceiro gol betanceiro, mantendo as ilusións intactas á espera do derradiro e definitivo encontro en Foz.
Os xogadores celebraron o resultado como se dunha victoria se tratara, pedindo xa o apoio incondicional do público focego no Municipal o sábado día 22, para entre todos poder lograr o ascenso á Liga Galega, que “ben se merecen esta extraordinaria xeración de futbolistas” segundo o club que pide unha gran entrada para animar o C.D. Foz cadete.
























Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
