Este sábado 15 de xuño celebráronse en Bertamiráns (Ames) as 1ª Xornadas de Formación de Espazo Ecosocialista Galego cunha importante asistencia.
No marco da mesma celebrouse a Coordinadora Nacional, coma marcan os estatutos aberta aos membros de espazo, fixo un balance do plano de traballo do 2013 e marcou as liñas para os próximos meses.
O informe de xestión e as liñas de traballo foron aprobadas por unanimidades (36 votos a favor, 0 en contra e 0 abstencións)
Dous son os elementos centrais para a próxima etapa:
Seguir construíndo amplas alianzas democráticas e de esquerdas tomando como punto de partida a coalición AGE que necesariamente ten que construírse sobre a participación da cidadanía e non exclusivamente sobre os membros das forzas que a compoñen. Para iso aprobáronse 4 accións:
1º Acción: Concretar espazos de participación cidadá en AGE.
2ª Acción: Afondar a proposta programática e propositiva de AGE.
3º Acción: Atopar unha formula cara as Eleccións Europeas non incompatible con AGE.
4º Acción: Preparar as eleccións municipais como peche de ciclo político de ruptura iniciado no 15M e sobre a base da radicalidade democrática e a participación da cidadanía na confección de listas e programas.
Abrir un proceso aberto de afondamento da radicalidade democrática de Espazo que arranque coa conferencia política (outubro) e remate na II Asemblea Nacional (febreiro-marzo).
As prioridades de Espazo Ecosocialista na próxima etapa:
1.Favorecer as alianzas desde a pluralidade sen exclusións
2.Adecuar axendas e interactuar coa cidadanía
3.Ser moi atrevidos nas formas mantendo o espirito cooperativo e amable.
4.Manter o traballo propositivo
5.Seguir o proceso de crecemento afiliativo de xeito aberto ‘á carta’.
6.Vertebrar por abaixo espazo ( extensión local)
7.Proceso aberto para a II Asemblea de Espazo
8.Desfrutar da política sen ansiedade fuxindo do papel ‘de militante sacrificado’
A xornada da tarde contou con catro ponencias arredor dos catro eixes temáticos que marcan a axenda de espazo: Radicalidade Democrática (a cargo de Manuel Martínez Barreiro), Políticas Sociais (a cargo de Pepa Vázquez do Colectivo Encontro), Sustentabilidade (a cargo de Xan Duro) e Violencia de xénero (a cargo de Gloria Vázquez do Colectivo Ve-la Luz ) que amosaron que hai ideas, propostas e alternativas.
Entre as conclusión destas xornadas aprobouse que Espazo Ecosocialista impulsara a recollida de sinaturas en apoio á iniciativa cidadán europea (ICE) por unha renda básica incondicional.