O pasado sábado 15 de xuño celebrouse en Ourense o Campionato Galego de Promoción, no cal o equipo sénior da Escola Municipal de Xove acadou o 3º posto no podio, por detrás do Club Ximnasia Coruña (1º) e o Club Arousa de Pontevedra (2º), cun exercicio mixto de aros e pelotas. Trátase dun gran éxito deportivo, xa que é a única escola municipal que compite en Galicia a este nivel. O equipo que conseguiu este meritorio terceiro posto está formado por: Pilar Vázquez, Lucía Fernández, Noela Bouza, Alba Balseiro, Javiera Duarte e Alba Rodríguez. Este mesmo conxunto proclamouse subcampión galego en categoría cadete a nivel escolar. Un gran resultado para festexar este ano o XXº aniversario da fundación da Escola Municipal de Ximnasia Rítmica.





















Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



