O ciclo de debates Galicia en clave económica, organizado pola Deputación de Lugo e Economía Digital, arrancou este mércores co primeiro encontro, no que tres expertos no ámbito económico e empresarial deron as claves dun modelo produtivo de futuro para a comunidade galega, as potencialidades sen explotar da súa economía e os novos sectores emerxentes. Máis de 160 persoas encheron o Salón de Actos de San Marcos para presenciar o foro, que inaugurou o Presidente provincial, José Ramón Gómez Besteiro, e no que participaron como poñentes Fernando González Laxe, catedrático de Economía Aplicada da Universidade da Coruña e ex Presidente da Xunta; Emilio Pérez Nieto, presidente da Asociación Galega da Empresa Familiar, e Marcelino Fernández Mallo, socio director da consultora empresarial galega Sphenia. Aínda que estaba prevista a presenza de Xoán Carmona Badía, Catedrático de Institucións Económicas da USC, finalmente no puido asistir por razóns de saúde.
Na apertura do debate, Gómez Besteiro expuxo os cinco retos que, ó seu entender, “debemos afrontar os galegos” para artellar un “verdadeiro proxecto de país”. O Presidente subliñou, neste senso, que o demográfico “é o principal reto de Galicia. Somos a segunda rexión do mundo cun peor saldo vexetativo, tan só por detrás de Xapón. No 2012 morreron 10.000 persoas máis das que naceron en Galicia, e 2.000 mozos pechan a porta da nosa comunidade cada mes. Trátase dun problema real, que require políticas transversais en todas as áreas, e non accións puntuais de maquillaxe”.
O Presidente avogou tamén por unha nova visión integral da economía de Galicia, “volver a colocar o Estado por riba do Mercado para solucionar os problemas das persoas”, así como pola “participación da Administración -que somos todos- nos sectores estratéxicos do país. O contrario, as grandes privatizacións baixo o compromiso de que os servizos ían ser máis baratos e competitivos para os usuarios, resultaron un engano para a economía real das persoas”.
Outros dos retos expostos por Besteiro son o cambio do concepto de produtividade e competitividade, “apostando pola formación, educación de calidade, I+D+i, comercio exterior, e a suba dos salarios”, ademais do incremento do valor engadido “das nosas materias primas e produtos para pechar así ciclos produtivos, potenciando ó mesmo tempo o sector primario, unha das nosas potencialidades desaproveitadas”.
Gómez Besteiro apostou por asentar “un sector público eficaz e potente, que sexa a primeira barreira contra a desigualdade das persoas e o dinamizador do tecido económico”. “É preciso mellorar a produtividade e eliminar as duplicidades nas competencias. Iso é o que distorsiona o funcionamento, non a aposta polo sector público, que debe ser o principal promotor dun sistema sanitario e educativo de calidade, así como do emprego”, argumentou o mandatario provincial, ademais de reivindicar, como quinto reto, “unha Galicia que crea en si mesma, na súa cultura, no seu idioma e na súa historia como valores singulares que a fan máis grande, e non máis pequena, no contexto de Europa e de España, onde podemos poñer en valor o que nos diferenza como nacionalidade histórica que somos”.
As claves dos poñentes
Pola súa banda, González Laxe coincidiu co Presidente en que o gran problema de Galicia é a demografía e o envellecemento, engadindo que o crecemento económico da comunidade ten que superar o 2% anual, “e ser un crecemento para crear emprego, algo que non está sendo así”. Outras das eivas da situación socioeconómica galega, segundo o ex Presidente da Xunta, está no mercado laboral, pois “a taxa das persoas que están en idade de traballar é menor que a española”. Tamén destacou que nos últimos anos Galicia pasou do posto 17 ó 4 en canto a redistribución da riqueza, e tamén baixou considerablemente a inversión pública per cápita.
Noutro orde de cousas, Laxe subliñou que a institución que tutela as caixas de aforros debería obrigar a que devolvan os recursos ós preferentistas”, amosándose ó mesmo tempo “moi preocupado pola reputación e imaxe” de Galicia como país.
Emilio Pérez Nieto, presidente da Asociación Galega da Empresa Familiar, que agrupa a 50 firmas que sumaron en 2012 un volume de facturación de 7.600 millóns de euros, o que supón o 16% do PIB galego, remarcou a necesidade de especialización das empresas, un ámbito no que “avanzamos pouco, aínda que temos bo capital humano”. Pérez Nieto demandou políticas para fortalecer o sector forestal e máis posibilidades para recapitalizar as empresas.
O consultor empresarial Marcelino Fernández Mallo reivindicou pola súa parte a posta en valor da economía baseada no medio ambiente e os recursos propios: “a calidade e cantidade dos nosos produtos de terra, mar e aire, ademais da nosa cultura e lingua, da que se fala pouco”, lamentando neste senso que en Galicia “castiguemos o valor da terra”. Fernández Mallo advertiu así mesmo de que o PIB de Galicia está un 49% por debaixo do do País Vasco, polo que “quizais é o momento de trocar de modelo económico”.
As seguintes citas coa economía
A seguinte cita do ciclo de debates Galicia en clave económica, que conta coa colaboración do Grupo El Progreso, terá lugar en setembro e abordará o papel dos sectores público e privado ante a crise; mentres que os tres restantes afondarán nas posibles saídas do paro e os xacementos de emprego; as fortalezas e debilidades do sector primario, e o novo mapa bancario e o acceso ó crédito.
O obxectivo desta iniciativa é facer unha análise rigorosa e profunda da situación socioeconómica na que se encontra actualmente Galicia e, dando un paso máis, poñer enriba da mesa alternativas e solucións.























No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.



