A ED EON Burela FS rendeu homenaxe onte ao traballo dos preto de 150 alumnos/as que compoñen o futuro laranxa na despedida do curso 2012-13.
Xunto ao presidente da entidade, Manuel Blanco, o tenente de alcalde de Burela, Manuel Fernández, e a concelleira de Servizos Sociais, Diana Durán, recibiron a todas as categorías, entre prebenxamín e xuvenil, para facerlles entrega das medallas conmemorativas da tempada. Tamén participaron no acto os directivos burelistas Lino Quelle, Ángel Fernández, Marcelino Luna, José Luis Sáez e José Dovale.