O equipo de I+D+i de Quescrem, especialista en queixo crema e primeira empresa láctea galega de base tecnolóxica, desenvolveron o primeiro queixo crema español 0% sen lactosa, un producto único no mercado que agora, en virtude dun acordo entre Quescrem, Adilac e Gadisa, poderán probar gratuitamente todos os membros da Asociación Española de Intolerantes á lactosa (ADILAC) que teñan un establecemento Gadis preto do seu domicilio. A opción de probar o 0% terana tamén os seguidores das redes sociais de Quescrem, xa que se repartirán tarrinas de proba para aqueles que queiran coñecer esta nova tecnoloxía, que aplicarán baixo demanda tamén ó sector profesional. O desenvolvemento deste novo queixo foi potenciado polo interese de Quescrem de traballar na innovación de produtos dirixidos a aqueles sectores da poboación con restriccións alimenticias, un sector cada vez máis amplo e que demanda o acceso a todo tipo de alimentos.