Despois da sentenza do TSXG pola que se anula o acordo co Consello da Xunta de 26 de maio de 2011 de aprobación definitiva do Plan Sectorial de Barreiros por ser contrario a dereito, as declaracións do presidente da Xunta, máximo responsable do referido acordo, non son nin mais nin menos que unha fuxida cara adiante e unha cortina de fume para tapar unha das mais grandes vergoñas do goberno do Partido Popular presidido por Feijóo: a anulación por parte da xustiza dun acordo que respaldaba o maior pelotazo urbanístico de Galiza dos últimos anos que se pretendía efectivizar destinando 14 millóns de euros do erario público para dotar de servizos ás urbanizacións que por lei tiñan que ter feito anteriormente os seus promotores.
O BNG advírtelle a Núñez Feijóo, a Alfonso Fuente e ao Partido Popular que o PXOM terá que ser para ordenar urbanísticamente e con criterios racionais o territorio do concello de Barreiros, primando sempre o interese xeral , e así mesmo, advírtelles que o PXOM non pode ser para dar carta de legalidade ao que fraudulentamente intentaban legalizar co Plan Sectorial anulado pola xustiza, xa que ese parece ser o motivo da urxencia do PP por acelerar agora o Plan Xeral, despois de estaren 3 anos sen mover un só papel.
En febreiro de 2010, o alcalde de Barreiros formalizaba a adxudicación dos traballos de elaboración do PXOM coa sinatura pública da contratación dos mesmos. Neste punto hai que dicir que ningún concelleiro do BNG foi convidado no seu momento á mesa técnica de contratación dos mesmos. Resulta curioso tamén que a mesma persoa que aparece asinando con Alfonso Fuente por parte da empresa adxudicataria, manifestábase tamén o 2 de decembro de 2006 na praza do concello de Barreiros xunto con Xosé Manuel Barreiro, Balseiro e outros cargos do PP, tal como recollen graficamente os xornais do día seguinte, para defender a desastrosa xestión urbanística de Alfonso Fuente. E debe recordarse tamén que nesa época, esa persoa era portavoz municipal do PP no seu concello.
Tres anos despois daquela sinatura, o goberno do Partido Popular en Barreiros foi incapaz de facer público nin un só papel relativo ao PXOM. Pola contra, do único que sabemos é da sentenza do TSXG que bota abaixo o pelotazo que intentaba o PP en Barreiros e sabemos tamén de que a Audiencia abre investigacións por prevaricación ao alcalde de Barreiros.
E por último, desde o BNG advírtenlle tamén ao Sr. Feijóo e moi especialmente ao Sr. Rueda, máximos responsables do Partido Popular que o concello de Barreiros non é a finca particular do PP, aínda que Alfonso Fuente sexa a marioneta dos intereses do PP galego en Barreiros.



















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



