O BNG Alfoz – Valadouro demanda que o Concello de Alfoz se implique no problema de abandono do río Ouro e lle transmita a situación á Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas para actuar en varios puntos do cauce do río, sobre todo, na Ponte do Teixo, Vilaúde, na Ponte da Serra de Damián; ademais do tramo que pasa polas Leas, unha demanda que xa fora solicitada fai un ano.
O BNG recorda que o 28 de maio do 2012 xa dirixira a seguinte proposta ao Concello de Alfoz: “O tramo do Río Ouro ao seu paso polo lugar chamado As Leas, na parroquia de Bacoi, xa raiando coa parroquia de Santo Acisco atópase ateigado de troncos de árbores, lixo de toda caste (botellas, plásticos…) e illas formadas polo propio entullo acumulado ou por desprendementos de terra da propia ribeira do río. No leito do río poden verse piñeiros duns 30 metros de longo totalmente mergullados, outras árbores atópanse semiafundidas formando diques que acabaron por facer deste tramo unha especie de encoro onde a auga esta retida. Segundo información proporcionada por bos coñecedores do río, este tramo do Ouro (As Leas) aliméntase das augas do Rego de Budián, e chega á denominada Presa de Santo Acisco, ao longo destes máis de tres quilómetros o estado do cauce fluvial está totalmente abandonado dende hai uns tres anos, mesmo se pode observar un panel metálico de información institucional tirado no fondo do río. Esta situación favorece as grandes riadas, xa que as correntes fluviais do inverno ao non poder seguir polo cauce asolagan o resto do terreo, noutras ocasións a auga fai moita forza nas barreiras formadas polos refugallos e provoca a destrucción das marxes do cauce, desfacéndoo e creando novas illas de lixo e refugallos”.
Un ano despois, a situación empeorou gravemente, xa que temos contabilizado un grande número de novos troncos depositados no leito do río -ademais de refugallos arrastrados pola corrente- debido ás inclemencias invernais e máis á situación de abandono na que se atopa a zona, tanto a ribeira coma o curso fluvial.
Os nacionalistas destacan que no leito dun afluente do Ouro ao seu paso polo lugar coñecido como Ponte do Tieso (na parroquia de Lagoa) atópanse uns grandes bloques de pedra (restos dunha antiga represa construída para facilitar o regadío dos prados lindeiros), que constitúen un elemento artificial, alleo ao curso fluvial que favorece a acumulación de troncos arrastrados pola corrente ou de calquera outro refugallo, orixinando posíbeis atrancos para o curso natural do río.
O BNG de Alfoz – Valadouro ven de presentar a proposta de colaboración na conservación do río Ouro alertados porque no barrio de Vilaúde (na parroquia de Mor) a carón dunha ponte de recente construción, pode observarse xunto con outros refugallos, unha roda de tractor abandonada no leito do río Ouro, orixinando a conseguinte contaminación das augas (por liberación de productos químicos), e máis un grande prexuízo estético.
Así mesmo, destacan a situación da ponte coñecida como Ponte da Serra de Damián (na parroquia de Bacoi) onde hai varios eucaliptos atravesados –arrastrados pola chea e/ou caídos das marxes- atrancados contra un antigo alicerce, que de seguir alí acabarán por formar diques e deter o curso do río.
Tendo en conta as graves deficiencias que presenta o Ouro nas áreas sinaladas e que estamos a falar dun río sinalado como Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) e incluído na Rede Natura 2000, o BNG demanda que o Concello de Alfoz xestione a retirada das derrubas no curso do río ao seu paso pola Ponte do Teixo (Lagoa) e a limpeza de refugallos no río Ouro ao seu paso por Vilaúde (Mor). Así mesmo, propoñen que o Concello implique á Consellaría de Medio Ambiente na recuperación e mantemento do río Ouro ao seu paso polas Leas (Bacoi) e xestione a retirada dos troncos no río Ouro ao seu paso pola Ponte da Serra de Damián.




















A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.



