A pasada fin de semana o Club de Bolos Xove proclamouse Campión da Liga Provincial de Bolos disputada por sete clubs da nosa provincia. Segundos foron o Club de Bolos Cruceiro de Meilán, mentres que pecha o podio o Club de Bolos Ribatra.
A vitoria do Club Xove foi incontestable, xa que se impuxeron en todas e cada unha das tiradas disputadas, sendo a primeira vez na historia desta Liga que un club gaña en tódolos campos.
A complicación desta Liga reside no dominio de todas as modalidades practicadas na provincia; xa que no Campionato Provincial non se xoga a unha modalidade de bolos, senón que en cada sede de cada un dos sete clubs participantes se xoga a modalidade desa zona. En cada modalidade os bolos, as bolas e as normas son diferentes e os xogadores e xogadoras deben coñecelas e dominalas todas.
O deporte dos bolos, nos que Xove é pioneiro; xa que disfruta dunha liga que vai cumprir o seu vixésimoquinto aniversario, está tendo un gran auxe na nosa provincia onde cada vez son máis os clubs participantes e tamén as modalidades recuperadas deste deporte popular.
A Liga Provincial está a xogar un importante papel nesta recuperación e esperamos que en anos vindeiros sexan máis os clubs que se sumen a esta competición.
Ademáis deste importantísimo éxito, que coroa ó noso Club coma o mellor da provincia, Xove tamén tivo importantes éxitos a nivel individual. En categoría absoluta, Arturo Vigo quedou subcampión da categoría por detrás de Moisés Salgado do Club Cruceiro de Meilán. En categoría feminina, a representante xovense Belén Meitín tamén acabou segunda, por detrás de María Belén Gavín do Cruceiro de Meilán. E xa en categoría de veteranos, tamén acadamos o subcampionato con José Baño, por detrás de Cándido Rodríguez, do Ribatra.
Coa vitoria na Liga Provincial, o Club de Bolos Xove queda clasificado para disputar o Campionato de España que se celebrará a finais de xuño.





















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
