Augas de Galicia agarda que o emisario submarino, que permitirá a entrada en funcionamento da depuradora, estea rematado nun mes e medio
Cervo, 19 de xuño de 2013-O Concello de Cervo segue avanzando na inminente posta en marcha da Estación Depuradora de Augas Residuais de San Cibrao. Para iso, esta semana celebrou unha reunión de traballo na que participou o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Medio Ambiente, Begoña Alonso, técnicos municipais, técnicos de Augas de Galicia e da Confederación Hidrográfica do Norte.
Unha xuntanza coa que o Concello quixo coñecer todos os detalles deste equipamento co obxectivo de asumir directamente o seu mantemento e xestión. Deste xeito, o Concello ocuparase de xestionar a depuradora de forma pública, co que “queremos apostar por un servizo público municipal que permitirá atender a depuradora de forma máis directa”, explica o rexedor.
Ademais da reunión, responsables do Concello e técnicos das diferentes entidades realizaron unha visita á planta, situada no polígono de Cuíña. Unha EDAR que está preparada para entrar en funcionamento, só pendente da posta en marcha do emisario submarino que permitirá afastar lonxe da primeira liña de costa as augas residuais tratadas e depuradas na planta procedentes da rede de saneamento.
Unhas obras, as do emisario submarino, que están a piques de finalizar, e que só teñen pendente a instalación dos difusores, polo que poderían estar rematadas nun mes e medio segundo datos de Augas de Galicia, que é quen financia este proxecto que ten un custo de 1,8 millóns de euros. Hai que ter en conta que para acometer esta última fase submarina do emisario teñen que reunirse unha serie de condicións meteorolóxicas que non se deron ata o de agora e que obrigaron a retrasar os traballos.























A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Estiveron organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofreceron tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).



