O grupo de montaña do Club Deportivo “Marqués de Casariego” de Tapia organiza unha nova ruta por León. Será a Felmín, Vale del Marqués, Foces de Vegacervera, Carmenes e Valdepiélago. A travesía celebrarase o vindeiro domingo 9 de xuño con saída ás sete e media da mañá dende Tapia. Luis M. “Guti” exercerá de guía nesta ruta de dificultade media. O prezo da actividade é de 5 euros para os socios, 3 para os colaboradores e 12 para os non socios. Os interesados poden inscribirse ata o xoves 6 de xuño nos teléfonos: 689 175 515 (José Luís), 659 000 707 (Rafa) e 608 540 828 (Eva).
O grupo de montaña de Tapia a León
O grupo de montaña de Tapia a León
Relacionado
-
Marisol Morales, a gañadora da viaxe a México, sorteado por Acisa no marco do pasado Ribadeo Indiano, goza estes días do seu premio
-
A UNED de Lugo ofrece unha conferencia sobre o uso da voz na divulgación científica e no liderado profesional
-
Esta fin de semana a Bolera Municipal de Sumoas, Xove, acollerá unha cita deportiva de máximo nivel: o Campionato de España Feminino Iberdrola, nas modalidades individual e por parellas